Martes. 07.04.2020
El tiempo

“É un crime que esteamos abrindo croquetas conxeladas nos comedores escolares”

A cociña nunha xornada de portas abertas, e o Comedor Hortuxa do CEIP Os Muiños
A cociña nunha xornada de portas abertas, e o Comedor Hortuxa do CEIP Os Muiños
“É un crime que esteamos abrindo croquetas conxeladas nos comedores escolares”

Esta tarde de venres 24 de xaneiro hai unha reunión en Vimianzo (ás 17:00h no local do GDR Costa da Morte) convocada polo grupo de produtores, ANPAS, direccións de centros de ensino e responsables dos comedores escolares da bisbarra. Unha reunión para afondar no proxecto comarcal de Ecocomedores Escolares que afronta o GDR , e que pouco a pouco vai collendo folgos.

Todos os colexios están invitados a participar neste proxecto que trata de darlle sentido ao que comen @s [email protected] [email protected] nos centros. Pois a meirande parte dos 22 coles que hai da Laracha a Muros teñen cociña propia (excepto algúns que traballan con catering como Corcubión, Malpica ou Buño) e están xestionados polo propio centro, a través da Consellería e con persoal laboral da Xunta. Son os centros costeiros os que van resistindo á privatización paulatina que promove a Xunta no resto de Galicia, cedendo a xestión as ANPAS.

En total son arredor dos 2.200 escolares os que comen nos centros (arredor de 100 por centro, pois nalgúns son 80 e noutros 200) e as 2/3 persoas que hai na cociña a día de hoxe adoitan tirar de latas, conxelados… “É un crime que esteamos abrindo concretas conxeladas nos comedores escolares vivindo nun lugar como a Costa da Morte”. Quen fala é Sandra Varela Amado, cociñeira do CEIP Os Miúdos e unha das principais impulsoras deste proxecto comarcal.

Nos Miúdos xa levan 3 anos co proxecto. Sandra participou en numerosos talleres de Menjadors Ecologics (proxecto pioneiro que se expande por toda a península dende Cataluña) con Nani Moré, e agora quere implantar a filosofía e a metodoloxía pola comarca, focalizando no produto de proximidade.

O GDR animouse a participar na iniciativa (xa aprobou un orzamento para seguir) para unir produtores locais cos centros, de xeito que as criaturas vaian comendo os produtos que saen das hortas colindantes. Estas xuntanzas serven para seguir coñecendo produtores locais, e que outras ANPAS ou direccións dos centros coñezan o proxecto e se unan.

Entre os obxectivos está a creación dun menú equilibrado e unificado, que falicite a elaboración e xestión cos propios produtores. Como fan nos Muíños, onde o 60% do que se consume na cociña é km.0, eliminando botes, azúcares, as proteínas de primeiro prato (sempre son verduras e de temporada), e mesmo incentivando ás empresas da comarca a innovar, como acontece cos iogures ecolóxicos da granxa Moreira, que van ver a luz gracias ao incentivo escolar.
O centro pediu o selo Slow Food, así que seguramente teremos que volver ata alí para contalo.

Pratos no comedor escolar do CEIP Os Muinos con produtos de km 0 e de temporada
Algúns dos primeiros pratos que Sandra Varela Amado prepara no comedor escolar do CEIP Os Muíños con produtos de km.0 e de temporada

Novas relacionadas

comentarios