Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Cruz Vermella busca familias de acollida para nenos e nenas

Cruz Vermella busca familias de acollida para nenos e nenas
Unha familia acolledora protagoniza a campaña "En familia, por dereito". Imaxe: Cruz Vermella Unha familia acolledora protagoniza a campaña "En familia, por dereito". Imaxe: Cruz Vermella Vivir e medrar en familia é un dereito do que non desfrutan, por diversas circunstancias, algúns nenos e nenas da nosa bisbarra. Este é o motivo polo cal o Programa de Acollemento de Cruz Vermella Española na Coruña realiza un chamamento urxente, xa que se precisan familias para a realización de acollementos de longa duración de nenos e nenas de 8 a 11 anos nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra e Xallas. Segundo informa o concello de Carballo, a través da concellaría de Igualdade e Benestar que dirixe Maica Ures o obxectivo do Programa de Acollemento é facilitar un fogar a nenos e nenas que, por diferentes motivos, non poden vivir coas súas familias. Os  interesadas poden consultar a web familiasacolledoras.cruzvermella.org ou solicitar información no 679 955 275 ou 981 221 000 (Extensións 38220 / 38221 / 38222). Queres engadir aventura a túa vida? Antonio e Ana danche a fórmula. Podes velo no seguinte video: https://youtu.be/DQ_Mirg-jD8 Máis información Familias Acolledoras Fonte

Comentarios