Venres. 26.04.2024
El tiempo

De peaxe, obras e radares na AG-55

De peaxe, obras e radares na AG-55
Peaxe na AG-55

Estas semanas está sendo a AG-55 protagonista nas redes sociais. I é que xa chega un punto no que os veciños, os usuarios, amosan o seu cabreo. A pelexa por eliminala peaxe vén de lonxe, pero aínda faise máis patente durante este 2014-2015, cando as obras no primeiro tramo provocan verdadeiros atascos, sen ver que o pago da peaxe se reduza.

Xa van máis de 6 meses (e parece que queda moito por facer) dende que comezaron as obras no tramo entre Coruña e Arteixo da AG-55. Unhas obras que viñeron precedidas por varios accidentes por desprendimentos de terra, e que finalmente veñen a demostrar que durante anos estivemos xogándonos a vida atravesando ese treito. Agora realízanse ao tempo que se realiza o carril de entrada da vía do porto de exterior, cunhas pesadas obras debaixo da canteira de Arteixo, que provocan que nun treito de 8 km, nos que pagamos 0,75€ de peaxe, haia 500 metros dun só carril de ida e de volta, e mesmo ás veces, só un para os dous sentidos.

Non se lle ocorre á Xunta obrigar á concesionaria a rebaixar, alomenos, parte da peaxe? E por que non falar da eterna petición de eliminala peaxe completa? Levamos 20 anos de mobilizacións sociais (a última o ano pasado dende Arteixo), e podería ser bo momento para retomaresta pelexa e deixar de pagar unha infraestrutura mentireira.

Obras na Autopista AG-55 doble

O novo e famoso radar

Outro dos temas que están a ser máis conflitivos é a posta en marcha do novo radar de tramo, situado á saída, dirección Coruña, da primeira peaxe, entre os puntos quilométricos 14,8 e 11,7. Un tramo de baixada cunha máxima de velocidade de 100 km/h, que xa leva en apenas un par de meses máis de 3.000 multas.

As redes sociais xa o toman como un membro máis da familia costeira, case dándolle unha personalidade completa. Todo nun gran exercicio de retranca, i é que mellor rir que cabrearse demasiado, pensaremos todos os usuarios…

O Polemico radar da AG-55

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios