Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG pide no Parlamento a supresión da peaxe da AG-55

O BNG pide no Parlamento a supresión da peaxe da AG-55
Peaxe da AG-55 entre Coruna e Carballo

Presentou o BNG esta pasada semana unha proposición non de Lei no Parlamento Galego solicitando a supresión da portaxe da AG-55. Xa no 2011 o grupo nacionalista solicitara unha eliminación que non foi aprobada, e desta volta denuncian tamén que as obras do vial de acceso ao porto exterior están ocasionando retencións importantes e protestas d@s usuari@s.

“Non parece lóxico que sigan a cobrar a portaxe nestas circunstancias” indicaron os representantes do BNG tralas colas xeradas por mor das obras. “Esa autoestrada nunca debeu ser de pago e seguiremos esixindo a súa total eliminación”, sinalan. “O PP sempre se opuxo a esta reclamación do conxunto da cidadanía ao longo de todos estes anos e agora aínda por enriba de cobrar fano sen que haxa un servizo cunha mínima calidade”.

Autovía

E mentres, tamén temos que dicir que son innumerables as protestas que leva postas o BNG sobre a surrealista situación da Autovía Costa da Morte. Unhas obras que comezaban a realizarse no 2010, pero que tras 2 anos e medio de parálise, a necesaria infraestrutura terá alomenos 3 anos de retraso, pois deberían estar en funcionamento dende agosto de 2013.

Novas relacionadas

Comentarios