Sábado. 27.07.2024
El tiempo

De subvencións perdidas e mesas de contratacións envelenadas por Coristanco

De subvencións perdidas e mesas de contratacións envelenadas por Coristanco

Doble nota de prensa a que recibicimos da oposición coristanquesa. TeGa e BNG veñen alzando a voz pública en numerosas ocasións nestes últimos meses, e desta volta falan de dous temas importantes, as mesas de contratacións, e a subvencións.

TeGa sobre a mesa de contratación

Esta semana, nunha convocatoria aos portavoces da oposición, o alcalde coristanqués ofrecía ao responsable de TeGa a posibilidade de participar na Mesa de Contratación. Pero o grupo que comanda Amancio Lavandeira, “despois de analizar os termos da súa proposta”, decidiu “rexeitar o que para nós só se pode definir coma unha mazá envelenada”.

E explican o simil con varias razóns. Primeiramente recordan que no mesmo pleno no que o alcalde comentou a súa proposta, rexeitou unha moción presentada por TeGa para establecer en Coristanco unha ordenanza de xestión transparente, acceso á información pública e bo goberno do Concello. A “creación dunha comisión municipal de transparencia e bo goberno moción” é para TeGa unha “condición irrenunciable”.

Por outra banda, sinalan que “a proposta de participación na Mesa de Contratación que se nos facía reducía sensiblemente a nosa representatividade, principalmente fronte ao grupo de goberno”. Por iso, entende o grupo opositor que “o que pretende o alcalde é darlle á Mesa de Contratación un verniz de dignidade e honestidade reducindo a porcentaxe de concelleiros imputados que participan nela”.

Subvención perdida

Xa ten denunciado o BNG a mala praxis na xustificación de subvencións. Hoxe alza a voz ante a perda doutra axuda da Deputación, pois o Concello de Coristanco non atopou onde investir diñeiro en materia de Medio Ambiente, e nin sequera solicitou a subvención.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña deste pasado martes recolle a concesión de subvencións a entidades locais de menos de 20.000 habitantes para a realización de investimentos en materia de medio ambiente. A citada resolución reparte fondos entre un total de 76 concellos, dun total de 79 que solicitaron axudas. Un deses 3 foi Coristanco.

A subvención que non se solicitou en materia de medio ambiente “non é un caso illado”, denuncia o BNG. “O Partido Popular de Coristanco non considera tampouco que haxa persoas con necesidades sociais no noso concello, e quizais por iso non se solicitou subvención neste ano 2014 para servizos sociais especializados. Ou, por poñer outro exemplo, tampouco se solicitou axuda da Deputación na convocatoria de técnicos/as deportivos”, explica.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do BNG e TeGa de Coristanco.

Comentarios