Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Declarada a prealerta por seca na bacía do río Anllóns

Central Hidroelectrica Rio Anllons
Declarada a prealerta por seca na bacía do río Anllóns

A oficina técnica da Seca de Augas de Galicia vén de anunciar hoxe a declaración de prealerta por escaseza de auga moderada no sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña; na bacía do río Anllóns e  costa da Coruña ata o límite de Arteixo; e no subsistema de Baiona.  

No caso do sistema de explotación do río Anllóns, a declaración de prealerta por escaseza obedece á baixada dos niveis de caudal fluínte.  

Ademais, segundo estable o Plan de Seca da Demarcación Galicia-Costa, Augas de Galicia informará desta declaración por escrito aos alcaldes dos municipios dos sistemas de abastecemento da Demarcación nos que hoxe se activou o estado de prealerta por escaseza.  Na comunicación aos concellos Augas de Galicia traslada medidas estratéxicas que se propoñen adoptar neste estado de prealerta, nas que se inclúen o incremento da frecuencia do control e vixilancia dos indicadores e o intercambio e actualización da información. 

Comentarios