A deixadez de funcións da Xunta en servizos básicos como o SAF

Falabamos hai unhas semanas de como a Xunta lava as mans e deixa a responsabilidade da redución da fenda dixital a través das Aulas CeMIT aos concellos.

Falamos tamén os comedores escolares, un claro exemplo de deixadez de funcións da Xunta de Galicia, que pouco a pouco leva desmantelando a rede de comedores que hai nos centros de ensino e deixando a responsabilidade da alimentación de milleiros de crianzas deste país no voluntariado das familias, nas ANPAS, que se vén obrigadas a contratar fríos e alleos cáterings.

Estas dúas reflexións abriunos a posibilidade de recuperar certos servizos nos que a administración autonómica fai verdadeira deixadez de funcións, e pon en mans dos Concellos ou doutras en entidades a responsabilidade de sacalos adiante. Servizos que afogan ao persoal e ás arcas municipais duns Concellos que non piden máis cartos para coidar saneamento económico, senón que o solicitan é que quiten tantas cargas.

Iremos falando de servizos tan básicos como a sanidade, educación, dependencia, portos, mantementos, xustiza… para dar conta de todo o peso que recae nos Concello pola política do goberno popular da Xunta de Galicia dende hai décadas.

Comezamos por un dos grandes cabalos de batalla: o Servizo de Axuda no Fogar.

O SAF: Un custe dificilmente asumible para os Concellos

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en Galicia é un servizo “compartido” da área de Dependencia, que orgánicamente debería ser responsabilidade íntegra da administración autonómica. A Xunta financia unha parte, pero son os concellos os responsables de xestionalo, a través de empresas externas.

O financiamento repártese do seguinte modo:

  • Xunta e Estado: 70%.
  • Concellos: 15% (pero nalgún concello chegan a pagar ata o 50%).
  • Usuarios: 7-8%.
  • Deputación: 7-8%.

Os Concellos e mesmo a Fderación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) levan anos denunciando esta carga para os Concellos, e este ano chegaron a un acordo (non asinado por todos os sindicatos) para aumentar o financiamento autonómico. Así, dos 23-24€ que custa aproximandamente cada hora de servizo, a Xunta (coa aportación estatal previa) pasará a pagar dos 12€/hora que pagou ata este ano, a 16€/hora en 2026, e progresivamente a 17€ en 2027 e 18€ en 2028. É dicir, a Xunta e o Estado pasa de pagar o 60% a pagar o 70%.

Unha suba que non aceptan moitos Concellos como o de Vimianzo, que mesmo aprobou unha moción por unanimidade para esixir que a Xunta asuma o 100% do custe do servizo.

Varios exemplos concretos: Entre o 2% e o 10% do orzamento anual

En 2024 O Concello de Carballo debullaba as cifras das 332 atendidas, nun total de 71.252,59 horas efectivas de atención domiciliaria: O mantemento deste servizo supón un custe de 1.563.176,87 euros, que se financian coas achegas das persoas usuarias (173.037,96), da Deputación da Coruña (171.812,99 euros), da Xunta de Galicia a través do plan concertado (918.856,04 euros) e do propio Concello (299.469,88 euros), aproximadamente un 2% do orzamento anual.

Unha carga moito máis grave para outros Concellos como Camariñas, que emprega case o 10% do seu orzamento (orzamentou arredor dos 600.000€ nun Orzamento anual de 6 millóns). Para un Concello como Vimianzo representa preto 5% do orzamento anual, pero noutros chega ao 50% polo incremento dos desprazamentos. 

Doble externalización => Problemas laborais

A Xunta deixa en mans dos Concellos a xestión do SAF, e os Concellos teñen que externalizar o servizo contratando empresas auxiliares a través de concesións. Unha doble externalización que provoca graves conflitos laborais, onde a dependencia da economía muncipal, non sempre saneada, e da das empresas privadas, provoca que hai retrasos, impagos, malas condicións laborais…

Falamos ademais dun sector tremendamente feminizado, e cuio convenio colectivo leva 12 anos sen actualizar.

Todo isto provoca unha serie de conflitos como os vistos os pasados anos en Muxía, Ponteceso, Carballo, Cocubión, Camariñas, Cee, A Laracha, Malpica

Traballadoras do SAF de Camariñas de manifestación

 

A seguridade

Outro asunto é a seguridade. Varios sucesos acontecidos no pasado 2025 puxeron en pé de guerra a unhas traballadoras que se vén orfas ao ter que entrar na casa das xentes sen ter seguridade ningunha. As traballadoras levan anos pedindo a creación Sistema Público Galego de Atención ás Persoas que inclúa un protocolo ante casos de acoso.

Cada Concello, un formato

Unha das críticas principais que lanzan dende a FEGAMP e dende os Concellos é que hai 313 formatos de contratación, un por cada concello. Por iso piden "estandarizar os servizos e as condicións de prestación" á hora de externazar os contratos.

 

Outras novas