As traballadoras do SAF de Camariñas saen á rúa
Este mécores 21 de agosto, as traballadoras do Servizo de Axuda do Fogar de Camariñas realizarán unha manifestación que percorrerá a vila dende opeirao do porto ata a Casa do Concello.
Unha clara demostración de que persisten os problemas no seo do servizo (na comarca xa houbo concentracións en Malpica, Muxía, Carballo, Ponteceso, Cabana, Vimianzo...), e que fai clara a necesidade de que as administracións tomen cartas no asunto.
En Camariñas os salarios das traballadoras seguen sen ser actualizados conforme ao que establece o seu convenio colectivo, dende o ano 2023, tal como xa denunciaron publicamente en febreiro.
A delegada das traballadoras por UGT, Diana Touriñán Figueroa, xunto a dous representantes do sindicato, mesmo lle trasadara á rexedora e á Concelleira de Servizos Sociais a necesidade de atopar unha solución a esta e outras cuestións como a elevada lista de espera de novos usuarios, etc.
Dende entón mantivéronse varias reunións e conversas tanto cos responsables municipais como coa propia empresa adxudicataria do servizo para intentar solucionar a situación, e mentres as traballadoras tiveron que presentar as súas respectivas demandas gastando do seu tempo e dos seus cartos para elo.
”Ante a excusa esgrimida pola empresa para non actualizar os salarios motivada, según os seus responsables, porque o prezo do contrato inicial ao non contemplar revisión ninguna, lles impedía cumplir co convenio, dende a representación sindical instouse ao Concello, a que sacase unha nova licitación cun prezo actualizado e que contemple as subas salariais do convenio, antes do vencimento da primeira prórroga en xuño de 2024, e non instar ao cumprimento dunha nova prórroga, que conlevaría estender o problema ata o ano 2025”, explican dende UXT.
Motivado pola execución por parte do concello desa nova prórroga ata xuño de 2025, e o inmobilismo para solucionar a situación, por parte das traballadoras e do sindicato UGT convocouse unha concentración para o 23 de xuño nas portas da casa do Concello para denunciar esta situación, e dende o Goberno municipal o día anterior comunicaron a delegada que ían levar a Pleno a posibilidade de rescindir o contrato, e sacar unha nova licitación e que mentres se faría un contrato de emerxencia, cun prezo atualizado para que non hovera excusa ninguna para poder actualizar salarios das traballadoras.
O Goberno municipal do PS de G-PSOE levou ao pleno o 31 de xullo pasado a moción para rescindir o contrato e presentar un novo pliego de contratación para o SAF, pero ante a intención manifestada polo grupo municipal de absterse, e pese aque o BNG manifestara que a ía apoiar, o Goberno municipal decidiu retirar dita proposta "ao non haber consenso”.
Por todo o exposto, as traballadoras do SAF de Camariñas, xunto as demandas xudicias que teñen xa presentadas para que a empresa adxudicataria cumpra co convenio, anuncian un calendario de mobilizacións, que comeza coa manifestación se hoxe para que se visibilice asúa situación ante a cidadanía, na que elas son “reféns e sufridoras dun litixio entre o Concello e a empresa”.
Piden apoio á veciñanza, avisando que non descartan acodir á folga.