Todas as forzas políticas de Vimianzo aproban unha moción para pedirlle á Xunta que sufrague integramente os gastos do SAF

Todos os Concellos saben o custe do Servizo de Axuda no Fogar. De feito, son en varios onde nos últimos anos houbo problemas coas empresas concesionarias, por mor da subida de prezos, e o mantemento dos contratos municipais.
Para a meirande parte dos Concellos, o SAF debería ser asumido integramente pola Xunta, pero esta só sufraga unha parte. A día de hoxe, o custe deste servizo sitúase entre os 22 e 24 euros, dos que o ente autonómico achega 12 euros, facendo fronte os concellos, con fondos propios, á cantidade restante, cando o financiamento é competencia única da Xunta.
Así o entende Vimianzo, onde o pleno aprobou esta mañá de mércores unha moción presentada polo Grupo Municipal do PSdeG-PSOE para que o Concello inste á Xunta a asumir os gastos deste necesario e demandado Servizo.
A moción contou co apoio de todas as forzas, instar ao Estado e, sobre todo á Xunta, a asumir o custo do SAF e da redución do copagamento provocado pola entrada en vigor da Lei 10/2023 e aumentar o financiamento autonómico e estatal do SAF, co obxectivo, precisamente, de evitar que sexan os concellos os que asuman directamente este custo.