Luns. 06.05.2024
El tiempo

Piden medidas urxentes para parar o avance da especie invasora "Xenxibre do Himalaia"

xenxibre-himalaia invasora
O xenxibre do Himalaia
Piden medidas urxentes para parar o avance da especie invasora "Xenxibre do Himalaia"

A Federación Ecoloxista Galega vén de lanzar a alarma a solicitar medidas para o control dunha nova especie invasora. Trátase da "Xenxibre do Himalaia, falso xenxibre, xenxibre branco, xenxibre hawaiano, edichio ou kahili, e é unha especie universalmente recoñecida como invasora moi perigosa pola súa capacidade de adaptación a diferentes condicións ambientais e a rapidez do seu crecemento e da súa expansión desprazando as especies autóctonas e provocando graves danos á biodiversidade".

A entidade, recoñece que está presente en zonas como Carnota, Cee, Muros, Malpica, Corcubión... ademais doutros espazos da provincia como as Fragas do Eume, A Coruña, ou a zonas de Ferrolterra. 

Por iso, pediu á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería do Medio ambiente que tome medidas urxentes, "xa que se atopa aínda nas primeiras fases deste proceso e resulta fácil a súa erradicación".

Comentarios