Domingo. 17.10.2021
El tiempo

Denuncian que o Concello de Coristanco abandona as Depuradoras de Cereo e Valenza apenas un ano despois da súa posta en funcionamento

Denuncian que o Concello de Coristanco abandona as Depuradoras de Cereo e Valenza apenas un ano despois da súa posta en funcionamento
Na Depuradora de Cereo sae a herba no canto de haber lodos polo abandono. Na Depuradora de Cereo sae a herba no canto de haber lodos polo abandono. Depuradora de Cereo-Coristanco en abandono Na Depuradora de Cereo sae a herba no canto de haber lodos polo abandono.

Despois de 5 anos de abandono, Augas de Galicia, facíase en 2015 cargo do mantemento, durante un só ano, da depuradora de Cereo. Unha infraestrutura que era finalmente inaugurada o pasado xaneiro de 2017, pero que non se puña en marcha ata meses despois. Foi unha doble inauguración en materia de saneamento, pois aquel día tamén se inauguraba a depuradora de Valenza. Ambas depuradoras (moi modernas) custaron 2,3 millóns de euros provintes de Fondos Europeos.

Un investimento guindado ao río, porque apenas un ano despois de poñerse en marcha, o ex alcalde Amancio Lavandeira denuncia que ambas depuradoras están en completo estado de abandono. Despois do ano de mantemento ao que se comprometía a Xunta, asinouse en marzo o acordo de cesión ao Concello, polo que lle toca ao Concello contratar á empresa e facer o mantemento. Pero nada nestes pasados meses, provocando atascos graves que impiden ás depuradoras funcionar correctamente. De feito, os motores están encendidos, pero os atascos provocados polas toallitas e demais lixo non permiten que flúa a auga nin os lodos. “Nótase que levan meses sen mantemento, pois nós tiñamos que limpar de vez en cando os motores de toallitas e demais para que non se atasquen, e se naceu toda esa herba nas zonas dos lodos é porque leva meses sen pasar ninguén por aí”, denuncia Lavandeira.

O caso podería ser máis grave aínda, ademais do problema medioambiental, pois ao seren Fondos Europeos, en 5 anos, se as depuradoras non funcionan correctamente, o Concello tería que devolver os cartos investidos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-toallitas-que-se-tiran-polo-vater-e-un-dos-grandes-problemas-das-depuradoras/

Fonte

comentarios