Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Deputación alerta dun intento de fraude relacionado co servizo de Teleasistencia

Tecendo seguro co servizo de Teleasistencia da Deputacion
A Deputación alerta dun intento de fraude relacionado co servizo de Teleasistencia
A Deputación da Coruña advirte dun intento de fraude relacionado co servizo de Teleasistencia.

Nas últimas horas teñénse detectado chamadas a persoas maiores en distintos concellos da provincia preguntando se dispoñen dun servizo de Teleasistencia e solicitando datos bancarios para o cobro de gastos ou cuotas.

A institución provincial quere aclarar que se trata dun intento de fraude e que o servizo de Teleasistencia da Deputación é completamente gratuíto para as persoas usuarias.

Desde a Deputación pídese aos usuarios e usuarias da Teleasistencia que non faciliten ningún tipo de información bancaria por teléfono e que, no caso de recibir estas chamadas, dean aviso á central do servizo a través do botón vermello. 

Comentarios