Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Deputación presume dos 956 km de costa nunha nova campaña turística

Turismo 1
A imaxe de Fisterra ilustra a nova campaña da Deputación que presentaron onte Xosé Regueira e Valentín González Formoso
A Deputación presume dos 956 km de costa nunha nova campaña turística
”956 km de costa e un camiño infinito dan para moito" é o lema da nova campaña coa que a Deputación da Coruña que quere atraer turistas e reactivar o sector. Foi presentada onte polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso e o vicepresidente e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, formulada para convertirse en referente do turismo de proximidade.

Formoso, que lembrou o foro realizado en plena pandemia, asegurou que queren “contribuír cun esforzo que é importante para os milleiros de persoas que viven do turismo”.

Pola súa parte, Regueira apuntou que no sector turístico "reside máis do 50% da economía da provincia e supón tamén máis do 50% dos postos de traballo polo que a preocupación ten que ser máxima e, tendo en conta as circunstancias e a diagnose realizada queremos definir unha estratexia que nos faga máis competitivos e colaborativos".

O lema inclúe o concepto de "camiño infinito" que, segundo engadiu non só se refire aos camiños de Santiago senón a tantos outros que atravesan o territorio.

Entre os esforzos desta campaña, que quere visibilizar os 6 xeodestinos da provincia, se atopa a mellora da competitividade e calidade, ademais de “seguridade no destino”.

Novas relacionadas

Comentarios