Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Foro Turismo Covid19 recolle as súas conclusións tras 9 sesións

Foro Turismo productos 2
Imaxe dun dos últimos Foros Turismo Covid
O Foro Turismo Covid19 recolle as súas conclusións tras 9 sesións

Este xoves 21 de maio remata o Foro Turismo Covid 19 coa súa última sesión. Ás 11:00h na canle de Youtube da Deputación terá xornada para presentar as conclusións das 8 xornadas, que poñen o foco sobre a profesionalización, o turismo de proximidade, a garantía de seguridade e a calidade. Un Foro que ata o de agora chegou a máis de 150.000 persoas e que pode servir de punto de partida para afrontar a desescalada.

Desta volta, serán o profesor de Turismo da UDC, Carlos Rodríguez, o presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI), Juan A. Rivadulla, a xerente do Consorcio de Turismo da Coruña, Lanzada Calatayud, a presidenta da Asociación de Profesionais de Turismo de Galiza (PORTURGA), a técnica de turismo do concello de Dumbría, Ada González e a responsable da axencia de marketing turístico "Culturoskopio" e de turismo activo, "Volta Montana", Cristina Collazo.

A artesanía e gastronomía como recursos turísticos

Na última sesión estiveron o secretario da asociación Olería de Buño, Eloi Mancebo e a directora do Encaixe de Camariñas, Dolores Lema. Xunto coa zoqueira Elena Ferro e a cesteira Idoia Cuesta, reflexionaron sobre o papel da artesanía como “recurso para a dinamización do sector por medio de productos que integren distintos sectores e axentes que están presentes no territorio.

Coincidiron en crear “novos produtos turísticos innovadores e diferenciados” para “dar valor aos recursos nunha oferta turística intelixente e eficiente en termos de utilidade e rendibilidade”.

Tamén se falou de gastronomía, nun encontro que contou co carballés Manuel Rey, redactor de GCiencia.

Paquetización

”Unha das conclusións da xornada foi a necesidade de perfeccionar na paquetización das experiencias turísticas, xerar o valor que, por exemplo, engade a artesanía ou a gastronomía", sinalou no encontro o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

Novas relacionadas

Comentarios