Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A gastronomía Irmandiña invade a feira Xantar

Callos Irmandinos Vimianzo Feira Gastronomica Xantar
A gastronomía Irmandiña invade a feira Xantar

A pleno rendemento está en Ourense a a Feira Gastronómica Xantar, coa presenza de 4 concellos costeiros. Ademais de Mazaricos, Ponteceso e Carballo, o primeiro en “actuar” foi o de Vimianzo.

Outro ano máis o chef vimiancés Fabián Mouzo realizou unha demostración da elaboración de pratos típicos do municipio, cuxos protagonistas foron un ano máis os callos de Carnés e os pinchos irmandiños.

Realizou 3 showcooking ao longo da xornada deste xoves (a feira remata hoxe venres) executando unha demostración da elaboración dos callos da Faguía de Carnés, declarada de Interese Turístico de Galicia.
Na segunda cita amosou a confección do Chicharrón Irmandiño, recordando os Pinchos Irmandiños, petiscos da Festa do Asalto ao Castelo, declarada tamén de Interese Turístico de Galicia, e que tan só se poden idear con ingredientes da Idade Media.

A última demostración culinaria preparou o tradicional xurelo marinado en auga de Sabadelle, elaborado a partir de produtos locais.

Ademais destas tres demostracións, neste evento tamén participaron distintos establecementos locais co obxectivo de darlle visibilidade aos seus produtos: Cárnicos Domínguez, Mel do Perillán, Auga de Sabadelle, os doces de Silvina Muñoz e os bolsos de madeira e coiro de Suidade.

Familia de Vimianzo no Xantar
Familia de Vimianzo no Xantar

Máis novas

Comentarios