Desactivada a prealerta por seca na ría de Camariñas e pero mantense no Río Anllóns
14:10 25/10/23
Anuncia hoxe Augas de Galicia a desactivación da prealerta por seca nos sistema de abastecemento do río Grande, a ría de Camariñas e Costa da Coruña. Porén, sistema de abastecemento do río Anllóns, costa da Coruña ata o límite de Arteixo mellora a situación, pero só pasa de alerta por escaseza ao nivel de prealerta.
A Xunta recoñece que as chuvias da terceira semana de outubro produciron un incremento importante dos caudais, e constanta a boa previsión de auga para as vindeiras semanas.