Luns. 14.10.2024
El tiempo

Despedindo o 2022 con refachos de ata 171 km/h

Arbore cortada polo vento en Cee-Foto-Rafa Quintans
Árbore arrincada polo vento en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Despedindo o 2022 con refachos de ata 171 km/h

Se a Noiteboa foi o temporal de auga o que inundou a comarca, esta saída de ano o protagonista está sendo o vento. Poucas veces chegamos á cifras que vimos nesta xornada do 31 de decembro de 2021.

A estación da Gándara, en Vimianzo, rexistrou o refacho máximo de toda Galicia esta mañá de 31 ás 11:10h: 171,6 km/h (pola noite, contra as 23:00h xa rexistrara o tope galego con 135.5 km/h).
No segundo chanzo do poido atopamos a estación de Lira (Carnota, cun refacho de 152.4 km/h rexistrado ás 15:40h.
En canto a auga, e como vén sendo habitual, a estación de Fontecada (Santa Comba) rexistrou os máximos de onte e hoxe, chegando a recibir 41,6 l/m2.

Múltiples incidencias rexistráronse durante a xornada:

  • Árbores sobre as estradas como a nacional a altura de Berdeogas;
  • En Vimianzo, pasadas as 15 horas, os Bombeiros de Cee tiveron que retirar parte do tellado dunha nave do polígono do municipio. Un Bombeiro sufríu un accidente durante a operación e se mancou a cara necesitando asistencia sanitaria.
  • Zonas como Caldebarcos, Panchés ou Quilmas sen luz durante toda a tarde sabatina pola caída de tendidos eléctricos… Segundo o alcalde, "os responsables están buscando a avaría, e teño esperanza de que a atopen e restablezan o servizo o máis pronto posible".

Afortunadamente, e segundo Meteogalicia, na madrugada de Aninovo esta primeira fronte terá abandonado Galicia pero chegarán liñas de inestabilidade que seguirán deixando chuvias intensas.

Novas relacionadas

Comentarios