Detido o ex-alcalde de Santa Comba na Operación Qatedra

09:04 18/11/15

A Qatedra
Xa van 9 detidos (o primeiro cargo político é o xalleiro) nesta operación que se deriva dunha inspección da Axencia Tributaria, levada a cabo na zona de Lalín, onde ten sé a devandita empresa. A Qatedra non é a primeira operación contra a presunta fraude de subvencións para a formación desta lexislatura. A Consellería de Traballo, hoxe Asuntos Sociais, tamén se viu salpicada pola Operación Zeta, na que un destacado militante do PP da Coruña tamén estafou supostamente millóns en axudas públicas para cursos. O caso Qatedra, e tamén o proganizado por Azetanet na Coruña, poden ter consecuencias políticas máis alá do nivel local. E é que parte dos cartos que cobraron empresas como as de Santa Comba proviñan de fondos da Unión Europea, polo que é posíbel que Bruxelas abra un expediente.Declaracións do alcalde
Landeira presentara a súa dimisión alegando “motivos persoais” despois de ter dado positivo nun control de alcolemia. O propio alcalde enviaba un comunicado esta mañá de mércores 18 a través das redes sociais: "Tengo la conciencia absolutamente tranquila. En ningún momento fui consciente de haber actuado al margen de la ley o de la ética. Si alguien ha cometido algún fraude, Carbónicas Landeira, S.A., mi hermano y yo seríamos en todo caso perjudicados por una actuación poco profesional. Confío en la actuación de la justicia y tengo la seguridad que más pronto que tarde se demostrará la verdad. Los que me conocéis sabéis que sería incapaz de cometer un delito de ese calibre".Novas relacionadas
- 09-11-14: Dimite o alcalde de Santa Comba.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Galicia Confidencial.
- El Mundo.