Aproveita os Cupóns de Empresas da Costa


De total promoción se atopa o proxecto Empresas da Costa, do que este diario forma parte. Esta iniciativa pretende dinamizar o tecido empresarial da Costa da Morte a través da rede, servindo de Directorio Empresarial, pero tamén de servición de creación de páxinas webs a baixo custe, e de sistema de cupóns de ofertas e descontos.
"Unhas páxinas amarelas, un one&one e un cuponeo nunha soa ferramenta, e feita na Costa da Morte", como apunta Manuel Pan, responsable de Abertal, empresa carballesa que lidera o proxecto.
O proxecto nace coa intención de que o comercio da Costa da Morte se reafirme, e de que un veciño de Cee coñeza que en Muxía hai unha empresa que ten o que el necesita, por poñer un exemplo. Achegar as empresas de toda a zona a cada veciño da Costa da Morte é a finalidade de www.empresasdacosta.com.
Desta volta, Empresas da Costa está a promocionar os seus Cupóns de Ofertas. Xa te varios en liña, que xa podedes descargar, imprimir e achegarvos aos establecimentos para facelos efectivos.
Polo de pronto podedes tomar 4 cañas pagando 3 no Restaurante Insua, podedes xantar un chuletón de 1kg para dúas persoas por 25€ no Restaurante Praia de Quenxe, podedes tamén aproveitar os descontos do Hotel Monte Branco, da Clínica A Xunqueira de Cee ou da Clínica Veterinaria Argos de Cee.
Promoción offline
Ademais, xa podes escoitar as cuñas preparadas para a promoción online do proxecto:
Como aproveitarte das ofertas
Non tes máis que entrar na sección de Cupóns de www.empresasdacosta.com, pinchar no Cupón, descargalo, imprimilo e achegarte ao establecimento escollido para facer efectiva a oferta.
Como anunciar o teu establecimento en Empresas da Costa
E se es un establemento, xa podes poñerte en contacto con Empresas da Costa a través do correo info@empresasdacosta.com ou 981 75 78 15. Aí poderás recibir información de como anunciarte e como anunciar as túas ofertas a través dos nosos cupóns.
De feito, durante estes primeiros meses están lanzando verdadeiras ofertas para adherirse á rede de EdC, así que chama e infórmate se queres formar parte deste pioneiro proxecto da Costa da Morte.
Máis información
- www.empresasdacosta.com.
- info@empresasdacosta.com.
- 981 75 78 15
- Twitter @empresasdacosta.
- Facebook de Empresas da Costa.
- Descargar Folleto informativo [pdf].
Novas relacionadas
- A Clínica Veterinaria Argos xa ten páxina web by Empresasdacosta.
- O Hostal Nicola sumérxese na rede con Empresasdacosta.
- O Camping Ruta Finisterre xa ten web by Empresasdacosta.
- Río Sil estrea web con Empresas da Costa.
- Empresas da Costa crece con novas empresas e mediante a formación.
- “Hai que estar en internet, pero hai que estar ben”.
- 15 empresarios aprenderon a sumerxirse na rede con Empresas da Costa.
- EmpresasdaCosta realiza dúas Xornadas Impactic en Carballo e Cee.
- Empresas da Costa comeza con zapatos novos.
- As Empresas da Costa caen na rede.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)