Dombate, San Bartolomeu e Monte Neme, lugares de especial obervación de estrelas
O ceo da Costa da Morte é un dos mellores de Europa para ver as estrelas. Ademais, esta vindeira semana volveremos vivir unhas chuvias de Perseidas. As populares “bágoas de San Lorenzo” serán as mellores protagonistas para disfrutarnos da nosa natureza.
Por agora son tres as saídas programadas dende Cabana, Carballo e Santa Comba:
Ruta de Dombate
Ía ser este venres 9, pero debido á mala previsión meteorolóxica a Ruta das Estrelas trasládase ao domingo 11 de agosto ás 22h. A cita, co físico Jorge Mira, partirá do Dolmen de Dombate para facer unha ruta circular de 6km. Non é preciso a inscrición previa.
Estrelas dende o Monte Neme
Para bañarse e botar unha foto nas redes xa vimos non debería prestar, pero o Monte Neme si que dá para unha boa sesión de observación de estrelas. Así, un ano máis a "Plataforma pola defensa de Monte Neme" organiza unhas "Xornadas Astronómicas do Monte Neme”.
Os próximos sábado 10 e martes 13 de Agosto, realizarán dúas actividades co obxectivo de observar o ceo nocturno do verán e a choiva de estrelas perseidas. Nas dúas haberá tempo para observación libre da choiva, en grupo nunha noite e lugar especiais, dúas noites de perseidas ou bágoas de San Lourenzo dende o Monte Neme. Tamén será protagonista a Lúa, pois cúmprense 50 anos da chegada dos humanos ao satélite e conmemoraremos a efeméride.
O sábado 10 formúlase a observación das perseidas conxuntamente cun roteiro nocturno de subida ao cumio do monte, guiado pola Plataforma, con saída dende Razo (20:30h), observación dende as 23:00h e pernocta para baixar coa alba da mañá seguinte (5:00-8:00h) (de balde pero require inscrición previa
O martes 13, contarán con dous grandes divulgadores locais, o xornalista carballés de GCIencia Manuel Rey Pan, que fará un monográfico da chegada á Lúa, e clase maxistral por José María de la Viña que introducirá á observación astronómica do ceo nocturno e o fenómeno da choiva de estrelas. A observación terá lugar no Monte Neme a partir das 23h. Farase unha saída conxunta dende Carballo (sen posta a disposición de transporte) ás 22:00h. A introducción divulgativa rematará polas 1:00h e farase acompañamento da observación ata as 4:00.
Compre inscribirse aquí.
Estrelas dende Santa Comba
O Concello de Santa Comba, coa inestimable colaboración do Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela que dirixe José Angel Docobo, organiza unha ruta Guiada ata o alto de San Bartolomeu, no lugar do Busto, para ver, na súa noite orixinal, as Perseidas ou bágoas de San Lorenzo o luns día 12.
A Andaina Nocturna, que sairá desde a Casa da Escola do Busto, sobre as 21:15h, e que percorrerá entre lusco e fusco 3,5 km bordeando o emblemático monte xalleiro. Recoméndase levar roupa de abrigo, chaleco e luz para a camiñata. Toda a xente que queira participar, pode anotarse a través de WhatsApp no 663 728 968, ou no formulario on-line.
Ruta con San Bartolo
Tamén o luns,12 de agosto, ás 21.30 hai programada unha subida ao Castelo do Allo que organiza a AV Tabeirón Baio. Sairase dende escolas Agra Regueiro, onde se lerá un conto de Labarta Pose para arrancar a andaina ás 22.00. Son uns 7 km (subida e baixada).
Novas relacionadas
MÁIS NOVAS
- A Torreira do Cabo Vilán volve recorrer o mundo protagonizando unha foto premiada de Daniel Lois.
- As noites de Daniel Llamas en Nariga, Louro e Vilán, premiadas de novo.
- O ceo da Costa da Morte, protagonista do novo libro de fotos nocturnas de Lois e Llamas.
- <
- Outubro 16: A Punta Nariga nocturna de Daniel Llamas segue colleitando recoñecementos.
- Outubro 16: Daniel Llamas recibe unha nova mención internacional coa Vía Láctea de Punta Nariga.
- Setembro 16: O Faro Vilán e Cristina Fernández, protagonistas dun premio nacional de Astrofotografía.
- Xuño 16:Unha foto de Fisterra, premio no World at Night.