Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Eleccións Europeas: Ana Miranda mantén o escano como Eurodeputada tras unha clara vitoria socialista

Delegacion da pesca artesanal galega e da Costa da Morte con Ana Miranda no Parlamento Europeo
Ana Miranda no Parlamento Europeo coa Delegación da pesca artesanal galega e da Costa da Morte o pasado mes de outubro
Eleccións Europeas: Ana Miranda mantén o escano como Eurodeputada tras unha clara vitoria socialista

Ampla participación nas Eleccións Europeas de 2019. A coincidencia coas Municipais fixo que este domingo 26 de maio acodisen ás urnas o 65,34% do electorado convocado, fronte o 45,44% de 2014.

O PSdeG, encabezado por Joep Borrel, gañou as Europeas tanto en España como en Galicia, co 35% dos votos (34% no conxunto estatal), sendo a forza máis votada nas provincias de A Coruña e Pontevedra. O PP, que volveu gañar en Lugo e Ourense, fica como segunda forza co 20% dos votos tanto en Galicia como no resto do estado.

O BNG, que participou na integrado na coalición Agora Repúblicas (xunto ERC e EH Bildu) duplicou os seus votos con respecto a 2014, e se coloca como 3ª forza en Galicia co 12%, por diante do 8% de Podemos-EU. Agora Repúblicas saca 3 escanos no Parlamento Europeo recibindo 171.500 votos en Galicia, por un total de 1.257.484 colleitado tamén en Euskadi e Cataluña.

Deste xeito, a candidata nacionalista Ana Miranda mantería o seu escano como Europedeputada, pero compartido. Algo que non acontece coa candidata de En Marea, Lidia Senra, que perde o seu escano no Parlamento Europeo, pois a candidatura de En Marea volveu darse un batacazo, unha vez que “Compromiso por Europa” apenas colleitou 15.288 votos.

Xunto a Mirada tamén se sentarán na Eurocámara o popular Francisco Millán Mon e o socialista Nicolas Gonzálex Casares.

A boa nova en clave galega, é que a irrupción de VOX non se fai tan palpable como no resto do estado. Non conseguíu entrar en ningún Concello de Galicia, e ademais nas Europeas queda cun 2,6% polo 6,20 que suma no resto do estado.

Novas relacionadas

Comentarios