Emigrantes Retornados de toda Galicia renderán homenaxe en Coristanco á primeira martir da Reforma das pensións
Segue vixente a problemática cos Emigrantes Retornados nunha terra de emigración como a Costa da Morte. Xa os vimos informarse e concentrarse en Cee e ata no Parlamento ante a reforma da Axencia Tributaria que lles obriga a realizar o pagamento atrasado de xuros polas pensións que cobran dos seus anos de duro traballo no estranxeiro.
Unha reforma de lei que xa tivo consecuencias, graves. Tal foi o caso de María Ángeles Lorenzo Rey, entendida como a viúva de Emigrante Retornado, primeira vítima mortal como consecuencia do espolio das nosas pensións por parte do Ministerio de Facenda do Goberno. A que foi veciña de Coristanco falecía o pasado 22 de xuño de 2013.
Así o entende a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados que xa prepara a Homenaxe en memoria a Dona María Ángeles. A concentración será este sábado, 13 de setembro, ás 11:30h, diante do Concello de Coristanco. Dende aí farán un percorrido ata o Cemiterio da Parroquia de Erbecedo/Silván, onde ás 12,30h. rendirán a sentida homenaxe a dona Mª Ángeles L.R.
Estará tamén o seu fillo Gonzalo. Será un acto público e civil (floral), moi sinxelo, pero cargado de cariño e de sentimento. I é que dende a Plataformas Comarcais de Emigrantes Retornad@s ven a María Ángels como “a primeira vítima/mártir, nós considerámola unha heroína, tivo a valentía de enfrontar a crúa realidade, diante da ameza inxusta e inxustificable do Poder... ¡ou pagas ou te embargamos! impotente, desesperada, ela, unha cidadana sempre honesta, ferida de morte, pola Hacienda española, de nada valeron os esforzos do seu fillo Gonzalo, dándolle azos e apoio, ela elixiu o camiño d@s valentes, ¡a rebeldía! optou pola liberdade, elixiu o que Castelao deixara escrito, fai xa moitos anos”.
Novas relacionadas
- 24-04-14: Os emigrantes retornados da Costa da Morte tamén protestaron no Parlamento.
- 17-02-14: Emigrantes retornados saen de novo á rúa defendendo os seus aforros.
- 29-10-14: Os emigrantes retornados tamén se manifestan nas rúas de Cee.
- Cee analizou o drama das pensións.
- A cidadanía toma as rúas da Costa da Morte en clave de protesta.
- De oficina en oficina berrando polos meus aforros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).