Martes. 19.03.2024
El tiempo

Empresas e responsables do sector pesqueiro forman o novo Consello Local do Mar en Carnota

Empresas e responsables do sector pesqueiro forman o novo Consello Local do Mar en Carnota

A importancia do mar nos nosos Concellos debería ser preferente. I é que nunha bisbarra coma esta que non exista nin unha soa Concellería de Mar ou semellantes mete medo. Por Carnota parece que se teñen decatado da circunstancia e veñen de constituir o Consello Local do Mar (CLM), dependente do Concello carnotán.

A sinatura do CLM tivo lugar o pasado 26 de abril na Confraría de Lira. É o alcalde Ramón Noceda o Presidente e como vogais, os pesos pesados do concello en materia mariñeira, unindo os poderes dos pósitos e das empresas punteiras do municipio: Mercedes Díaz Mayán (Secretaria da Confraría do Pindo), José Antonio ínsua Caamaño (Patrón Maior Confraría de Lira), José Manuel Andrés Tejada (Xerente de Nalú) e Luís Toro Pinilla (Xerente de Stolt Sea Farm).

Será pois un órgano consultivo da Administración Local con participación de representantes dos principais sectores e axentes con intereses en materia de pesca, acuicultura e ecosistemas acuáticos, da demarcación territorial do Concello de Carnota.
I é que parece que a preocupación pola conservación da natureza será un dos seus pricipais obxectivos, se ben o Consello nace da necesidade de informar aos veciños mesmo nas tomas de decisións.

Primeiros pasos

Nas primeiras reunisóns xa trataron temas concrretos, como a creación dun Comité de xestión de praias que tratará, por exemplo as peticións de Bandeira Azul.
Pensan tamén en facer de novo unha Feira promoción do local, tralo rotundo éxito da Víndemo Ver. E xa hai ideas para unha degustación- exaltación culinaria, unhas xornadas de convivencia, con roteiros... Todo no marco do que sería unha "Semana do Mar", que poderían seguir o patrón das Xornadas de Pesca do Pindo, unha vez que as deste ano, ás VII, xa están prantexadas para os 29, 30 de xuño e 1 de xullo.

Tamén saíu á luz a recente e inextremis prórroga da vixilancia na Reserva Mariña dos Miñarzos, e dende Lira prantexan que o CLM emita un comunicado nesa liña. Ademais, Luís Toro abre as portas da empresa Stolt Sea Farm, cun propósito de que Stolt sexa considerado un elemento dinamizador do territorio.

En clave de futuro argallan a posibilidade de colaborar coa Fundación biodiversidade, dentro do proxecto “emplea verde”.

Funcións

O CLM terá atribuídas as seguintes funcións:

  • a) Actuar como órgano de participación, información, consulta e asesoramento en materias relacionadas coa pesca e acuicultura, así como no ámbito de obras portuarias.
  • b) Informar, con carácter previo á súa aprobación, de calquera norma reguladora que afecte ao desenvolvemento económico-social do sector, tanto dende o ámbito local como doutras administracións.
  • c) Emitir informes e ditames, así como elaborar propostas sobre materias que garden relación coa pesca, a acuicultura e a conservación do medio acuático.
  • d) Aprobar o seu regulamento de organización e funcionamento.
  • e) Promover todo tipo de actividades de carácter sociocultural, como órgano dinamizador e de asesoramento do Concello de Carnota.
  • g) Calquera outras funcións consultivas que lle sexan atribuídas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios