As Enfermeiras en Loita cancelan as súas mobilizacións nun "acto de responsabilidade" pero esixen "Feitos" ás administracións

Enfermeiras en loita no Hospital de Santiago

Ante a crise que se viven nos hospiais do país ante as medidas de contención contra o coronavirus, o Colectivo de Enfermeiras en Loita vén de cancelar, nun exercicio de responsablidade, as concentracións que se ían desenvolver hoxe, como cada 12 de mes, no marco da campaña #12meses#12loitas.

En todo caso, non queren que as súas reclamacións continuas ao longo destes meses, solicitando da Administración un compromiso en firme, denunciando a opacidade dos datos de profesionais e resaltando que a temporalidade na sanidade galega ronda o 40% do persoal.

Lembran a reivindicación do necesario aumento do ratio enfermeira/habitante por riba da media estatal debido a que as características da nosa terra, cunha poboacion envellecida e enormemente dispersa nun rural esquecido por case todos.

Por iso, este mes de marzo, coas eleccións do 5 de abril no aire, estaba destinado a lembrarlles ás administracións, que fan falta “Feitos e non palabras”.

 

Outras novas sobre os recortes en sanidade

12 meses 12 causas