Luns. 17.02.2020
El tiempo

As familias da Costa da Morte únense nunha concentración contra os recortes do servizo de pediatría

As familias da Costa da Morte únense nunha concentración contra os recortes do servizo de pediatría

Este vindeiro venres 21 de febreiro, toca voltar á rúa. A Plataforma Non aos Recortes Pediátricos na Costa da Morte, máis unida que nunca, convoca esta concentración de protesta ás 19:00h na Praza 8 de marzo en Cee, “por un servizo de pediatría de calidade”.

É sabido por todo o mundo o estado do servizo na Costa da Morte, como berraron as familias esta pasada fin de semana na Manifestación compostelá.

A situación é verdadeiramente dramática nos centros de saúde da comarca:

  • Fisterra conta un pediatra fixo, actualmente de baixa, sen cubrir. As familias teñen que desprazarse ao de Cee.
  • No Centro de Saúde de Cee, a pediatra, que sufría un cupo case o doble do estimado pola OMS, marcha ao Hospital de Verín, e semella que o que ocupe a praza será o puericultor de Dumbría/Muxía.
  • Dumbría e Muxía, que comparten profesional (dous días atende nun lugar e tres noutro) quedan pois sen o puericultor/a que levaba traballando coas familias, polo que a Área Sanitaria está buscando un profesional. Cando se pon de baixa, non se cubre e teñen que ir a Cee.
  • En Vimianzo hai unha pediatra interina que pillou excedencia.
  • O puericultor de Baio-Zas, atende, teoricamente, 3 horas, dous días en Zas e tres en Baio, pero durante o pasado mes de xaneiro, outro profesional e tras varias protestas da Coordinadora, atendeu un día en Baio (3 horas) e outro en Zas (3 horas). Cando hai baixa, como este mes de febreiro (está a axenda pechada todo o mes), teñen que desprazarse a Vimianzo.
  • En Camariñas a puericultora fai tres días en Camariñas e dous na Ponte do Porto. Os/as nenos/as de Camelle van a Ponte do Porto.

Colleita de sinaturas

Mentres continúa aberta a colleita de sinaturas comarcal, outra iniciativa que une esforzos na reivindicación dun servizo de pediatría de calidade e permanente. A finais de mes farase un reconto dos máis de 30 puntos nos que teñen os papeis de recollida.

Novas relacionadas cos recortes en pediatría

 

comentarios