Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Enfermeiras Eventuais en Loita saltan contra a emigración… e contra a censura de Feijoo

Enfermeiras en Loita en Cee contra a emigracion
Concentración ás portas do HVdX do colectivo de Enfermeiras en Loita contra a censura e a emigración
As Enfermeiras Eventuais en Loita saltan contra a emigración… e contra a censura de Feijoo
Este venres non faltarán á manifestación comarcal contra recortes do servizo de pediatría, pero hoxe, como cada 12 de mes, o Colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita da Costa da Morte volveron saír ás portas do Hospital Virxe da Xunqueira para facer unha denuncia.

Este mes de febreiro, no marco da campaña #12meses12loitas, tocaba falar da emigración, esa realidade social que tanto sufrimos na comarca, herdada da precariedade e da falta de oportunidades dunha área rural como a nosa.

Pero a concentración de hoxe foi especialmente simbólica. As Enfermeiras apareceron con cintas de adhesivas, despois de atoparse esta semana co anuncio da Xunta de prohibir a colocación de anuncios, carteis e publicidade que poden resultar "inxuriosos ou ofensivos para determinadas persoas, colectivos ou institucións". En pleno século XXI…

A concentración quixo lembrar “a fuga masiva de Enfermeiras de Galicia en 2009, motivada principalmente pola falla de contratación e a situación de crise na que nos vimos envoltos tamén, os traballadores do Sergas”. Deixaron claro que en Galicia se gradúan 500 profesionais cada ano, e a pesar disto, “o Sergas ten cada vez máis dificultades para cubrir ao persoal, sobre todo na época vacacional. Isto é debido ás condicións laborais e á inestabilidade sen visos de mellora, que o Sergas nos ofrece”, denuncian. “Moitos dos nosos compañeiros víronse na necesidade de probar sorte noutras comunidades e noutros países, onde valoran a formación, o interese, a implicación, e respeitan os dereitos dos traballadores, onde se preocupan de formalos académicamente, porque saben que un profesional ben formado é unha inversión de futuro”.

Coma sempre, o berro final está claro: #Coidaaquentecoida.

 

Outras novas sobre os recortes en sanidade

12 meses 12 causas

Comentarios