Martes. 23.04.2024
El tiempo

As entidades feministas Buserana, Sonlilá e o Círculo superaron as barreiras para celebrar un comprometido #25N

25N en cas Buseranas-Foto-Rafa Quintans 2
Crúa exposición da Organización Feminista Buserana en Cee polo 25N- Foto-Rafa Quintáns
As entidades feministas Buserana, Sonlilá e o Círculo superaron as barreiras para celebrar un comprometido #25N

Ademais das numerosas actividades municipais, e das diversas creacións audiovisuais, as entidades feministas da comarca tamén conseguiron superar todas as adversidades que nos pon esta pandemia para armar as súas accións arredor do 25N, Día Interncional contra a Violencia de Xénero.

O Círculo Feminista de Carballo, a Organización Feminista Buserana e a Asociación Sonlilá realizaron diferentes accións nos seus territorios de combate, demostrando que esta loita está por riba de calquera situación sanitaria.

As entidades quixeron lembrar durante esta pandemia intensificou todo tipo de violencia contra as mulleres, especialmente a violencia no fogar. Unha situación de especial vulnerabilidade que seguramente traerá consecuencias tamén a longo prazo.

A Buserana en Cee

Sen tempo a moito, a Organización Buserana volveu sacar as súas “camisetas de papel”, que simbolizan todas as mulleres asasinadas. A praza 8 de marzo encheuse de emotividade, dos nomes desas mulleres, e de mensaxes claros e rotundos contra as violencias machistas.

Exposición de Sonlilá en Carnota

 

A entidade carnotá foi lembrando durante estas dúas semanas as 45 mulleres asasinadas nos últimos 12 meses no estado español, poñendo nomes a esas vítimas da violencia machista. Ademais, este mediodía de mércores 25N, engalanaron a Praza da Pedra de Carnota con eses cartaces nunha exposición que chamaron “As nosas na memoria”.

Moita xente foi pasando pola praza, pero non houbo concentración para evitar aglomeracións.

25 - Sonlila Carnota

Cacerolada nos balcóns en Carballo

A situación sanitaria no Concello de Carballo e na comarca de Bergantiños non invitaba a concentracións, polo que o Círculo Feminista convocaba unha cacerolada chea de ruído ás 19:30h nos balcóns e nas fiestras de cada un.

A entidade si que saía a rúa a primeiros de mes, para defender a súa seguridade e defender e apoiar a unha veciña, Silvia, que tivo o valor de denunciar, pero cuia denuncia acabou en absolución para o presunto agresor.

 

Todas as novas sobre o 25N

Comentarios