Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Carballo celebra o 20 aniversario do meirande festival de Danza de Galicia

primavera_endanza_Carballo-2022
Carballo celebra o 20 aniversario do meirande festival de Danza de Galicia

20 anos cumple o ciclo Primavera enDanza. Todo un fito en Galicia, onde a aposta por esta vertente cultural non é moi acaecida. O Concello de Carballo, en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Cultural e a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, mantén unha programación innovadora, que este ano achega 5 espectáculos ao Pazo da Cultura.

Onte tiña lugar a presentación dun programa, que dende a Xunta consideran “un exemplo a seguir”, e que nace cada ano arredor do Día Mundial da Danza, o 29 de abril. Un programa que ademais é vangardista e que trae á Costa da Morte as últimas revolucións dun mundo en constante movemento.

Colectivo Glovo, que actuará por primeira vez no Pazo da Cultura, presentará EM-NA o día 22. O 23 chegará a compañía de Fran Sieira co espectáculo DeMente, que pretende dar visibilidade ás enfermidades mentais, como explicou o seu director e intérprete. Tamén dende Galicia chega unha importante e interesante proposta que mestura tradición e danza contemporánea grazas ao tándem creado por Janet Novás e Mercedes Peón, ás que teremos en Carballo o día 30.

E xa no mes de maio chegarán as propostas doutros puntos da península. A alicantina OtraDanza, que xa estivo en Carballo en edicións anteriores, achegará nesta ocasión o espectáculo Vigor mortis. E pecharase o ciclo coa compañía granadina DA.TE Danza e o espectáculo infantil e familiar Natanam, co que conseguiu o Premio Feten ao achegamento da danza á primeira infancia 2021.

Comentarios