Martes. 10.09.2024
El tiempo

A estación de tren da Coruña modernízase coa BIM

Adif e Ferrovial van da man no proxecto de remodelación da terminak, que aposta pola tecnoloxía Building Information Modeling
A estación de tren da Coruña modernízase coa BIM

O proxecto de remodelación da estación de tren de A Coruña sigue adiante, agora coa construcción dunha terminal provisional que prestará servizo mentras avanzan as obras que renovarán a infraestructura actual. Esta estación temporal, desprazada lixeiramente da actual (dirección Santiago), permitirá a explotación ferroviaria e o tránsito de viaixeiros durante os traballos de reforma no edificio e na praia de vías e andéns.

Investíronse máis de 70 millóns de euros neste proxecto impulsado por Adif Alta Velocidad e que está a executar Ferrovial, un dos principais operadores de infraestruturas a nivel mundial. Despois de anos de espera, o pasado anos deuselle luz verde á remodelación da estación de tren de A Coruña; unhas obras que contan con financiación europea, dos fondos Next Generation, para que albergue un novo gran vestíbulo de viaixeiros e unha zona comercial ubicada nun pavillón acristalado. Ademáis, entre a marquesiñas e a zona de andéns construirase unha nova sala de embarque, con control de acceos e espazos comerciais, con iluminación natural e cenital.

Tamén se modificará a configuración de vías e reordenaranse os andés (o 1 para o tráfico de trens de longa distancia, e os andés 2 e 3 para media distancia), sobre os que se construirá unha nova cuberta. No exterior, contemplase acondicionar a praza de acceso para mellorar a conexión peatonal e poñer en valor a fachada da estación.

O proxecto, que se completará cun novo edificio administrativo e a modernización dos sistemas de sinalización e comunciacións da estación, incorpora a revolucionaria tecnoloxía BIM (Building Information Modeling), e enmárcase no convnio para o desenvolvemento dá area de intermodalidade do transporte de viaixeiros da Coruña. O obxectivo é promover o transporte público e a mobilidade sostible e adecuar a estación ao aumento de viaxeiros previsto coa chegada da Alta Velocidade á comunidade.

BIM, a metodoloxía que supón un antes e un despois na forma de funcionar do sector AECO (Arquitectura, Ingeniería, Construcción, Operaciones) coa súa aposta polo traballo colaborativo e a unificación de información e recursos, está achegando grandes vantaxas en canto a eficacia, eficiencia e calidade neste proxecto de remodelación ferroviaria.

“La colaboración colectiva, ordenada y gradual en la que se basa BIM conlleva beneficios tangibles en la toma de decisiones y la exactitud de la información basada en una única fuente”, valora Tomaso Cardia, responsable BIM en Ferrovial, na entrevista ao grupo empresarial publicada na sección "AbiertoXObras" que cada primeiro mes publica na súa web a consultora especializada Espacio BIM - www.espaciobim.com -. Tal e como destaca Borja Sánchez Ortega, Director de Proxectos e Director do Máster BIM Manager Internacional (+VR) de dita consultora, “BIM está permitiendo centralizar toda la información de la estación de Ferrocarril de A Coruña (geométrica, documental, etcétera) en un modelo digital desarrollado por todos los agentes que intervienen”.

Nun proxecto como este, o modelo BIM resulta de gran utilidade, ao achegar información xeométrica e paramétrica constatemente actualizada, datos que se intercambian en formato IFC permitindo a interoperabilidade, un aspecto clave no traballo con BIM. 

Comentarios