Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Faladoiro sobre a crise nos negocios costeiros: “A campaña empezou moi ben”

  • “O Camiño dos Faros é un produto indiscutible, e desestacionalizador, para a supervivencia do sector. Como non poden coidalo os Concellos”
Faladoiro sobre a crise nos negocios costeiros: “A campaña empezou moi ben”

Nova sesión nos #DirectosQPC, falando sobre como podemos saír desta. Temos falado de turismo, temos realizado unha completa rolda de alcaldes e alcaldesas para ver como os concellos poden axudar aos pequenos comercios, hostaleiros, autónomos…

Este día de San Xoán queremos meternos neses comercios, neses restaurantes, para ver como están a pasar todo isto, e sobre todo, a mirar ao futuro. E tivemos unha conversa máis que interesante con Mari Luz Lema Suárez, da Tenda de Ma, de Vimianzo; Silvia Bouzas, do Hotel Playa de Laxe, e Fran Insua, do Restaurante O Fragón de Fisterra.

Os tres compartiron como lles afectou diversamente a corentena a nivel persoal e profesional, pero compartiron unha idea optimista: “A campaña comezou ben”, polo que sacan unha mensaxe de esperanza de cara ao que resta de curso. Así o dixo Fran Insua, que lamentou o parón sobre todo porque estaban nun momento creativo a nivel culinario moi positivo, e que cuantificou nun 15-20% o perdido en canto a facturación. Pero aínda así compartiu que o nivel de reservas dende a volta ao traballo está sendo moi positiva.

Tamén Mari Luz recoñeceu que os 15 primeiros días de maio, cando non estaban abertos os centros comercias, foi “unha lúa de mel” cun alto nivel de ventas.

Tamén houbo diversidade no acompañamento de cada un dos 3 concellos implicados para cos sectores produtivos. Se ben en Vimianzo sentíronse acompañados, en Fisterra ou Laxe a inacción foi municipal foi a protagonista para os nosos invitados.

Unha das ideas nas que focalizou Silvia Bouzas (que sofre os protocolos sanitarios, polo que ten que doblar o persoal de limpeza) foi na necesidade en coidar o Camiño dos Faros, “un produto indiscutible para a supervivencia do sector na parte norte da Costa da Morte é hai alcaldes que non se dan conta. Un produto ecolóxico, natural, que permite manter a distancia social, que destacionaliza… e vai pasar algo”. “Non ten sentido que os concellos non limpen a súa parte do camiño”

Unha idea que, para Fran, combina ben co “Turismo de calidade, ecolóxico, que poderíamos ter, pero que non conseguimos ofrecer”.

Outros Directos

Comentarios