Martes. 07.07.2020
El tiempo

Arela nos #DirectosQPC: "A Rede é unha porta aberta para calquera negocio da Costa da Morte"

Arela nos #DirectosQPC: "A Rede é unha porta aberta para calquera negocio da Costa da Morte"

Hoxe tocou unha sesión concreta nos #DirectosQPC para intentar axudar aos pequenos autónomos e empresas a aproveitar as posibilidades que nos abríu esta pandemia. Porque é importante tomar estas crises como verdadeiras oportunidades e o salto que ten pegado o comercio online nestas datas é tremendo.

Para ratificalo, e para coñecer como podemos sacar partido á rede dende os nosos pequenos negocios, tivemos a David Lourido e Ana Díaz, responsables de Arela Comunicación Sostible, unha pequena empresa creada na comarca de Fisterra traballando en toda Galicia.

A sesión comezou facendo unha reflexión sobre se esta febre virtual que ten acontecendo a raíz da corentena é algo que vai quedar para sempre ou vaise esquecer pronto, ou se xa é tarde para posicionarse. Deixaron claro que non é tarde de todo, se ben os que xa estaban ben posicionados saen máis reforzados para esa crise, pero que cómpre comezar a tomar en serio a profesionalización da comunicación online do teu negocio. Así o ratifica o aumento de clientela acontecido nas últimas semanas.

Tanto Ana como David tamén fixeron un chamamento aos consumidores, e ao noso compromiso co comercio local tamén na rede.

Tamén recordaron como cambiou a mentalidade da xente nos últimos 10 anos, cando ambos chegaban a traballar á Costa da Morte á empresa Galinus, na que nacía tamén este xornal.

Ademais de poñer exemplos de boas prácticas (como casos concretos de Bazarra ou Aralumen, de experiencias interesantes por whastapp, a través de blogs…) deron unhas pautas para comezar a sumerxirse na rede e comezar a competir cos “grandes”:

  • Coñecer como funciona a rede;
  • analizar ata onde podes chegar en inversión de recursos (tempo e cartos);
  • o aproveitamento do cambio actual dos valores;
  • e fortalecer a diferenciación (tanto de produto como a da vinculación cun territorio) como signo de distinticón para poder abrir unha nova canle de comercialización.

Todo para comezar a vender online, pero tamén para crear unha comunidade e fidelizar a túa clientela física.

Novas relacionadas coa rede

comentarios