Venres. 26.04.2024
El tiempo

Ferroatlántica divide ao pleno de Cee

Ferroatlántica divide ao pleno de Cee
Representantes sindicais de Ferroatlantica no pleno de Cee durante a reunion con En Marea a semana pasada-Foto-Rafa Quintans Representantes sindicais de Ferroatlantica no pleno de Cee durante a reunion con En Marea a semana pasada-Foto-Rafa Quintans

O pasado venres levaba a pleno o BNG unha moción sobre o peche dos fornos de Ferroatlántica. En pleno proceso de convulsión, e tras recibir o compromiso municipal, buscábase unión plenaria para refrendar que o Concello ao completo respalda aos traballadores.

Pero a moción espertaba suspicacias entre algún grupo e malia que saíu aprobada, non conseguiu consenso. A favor votaron o propio BNG, PSOE, IxCee, Ciudadanos e Zaira Rodríguez. En contra fixérono o PP, ademais dos non adscritos Candiño, Yolanda Garcñia Leal e Modesto Rivas.

O texto da moción

O texto da moción presentaba era o seguinte:

”Solicitamos ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte acordo: expresar a súa solidariedade cos traballadores Traballadoras de Ferroatlántica; instar a Xunta de Galiza a que demande a Ferroatlántica a retirada das ameazas de ERE sobre calquera dos seus centros de produción de Cee e Dumbría, e ao mantemento dos investimentos e postos de traballo; a reactivación inmediata dos fornos 13 e 14 e ao cese no desmantelamento encuberto das fábricas; a manter un contacto permanente cos traballadores e traballadoras dos centros, para defender o mantemento dos postos de traballo e da actividade produtiva; a esixir, como titular das concesións hidroeléctricas do río Xallas, que Ferroatlántica garanta a viabilidade das plantas de Cee e Dumbría, mantendo os postos de traballo, a actividade produtiva e os investimentos precisos para cumprir cos requisitos de cesión, e de non cumprirse, iniciar o proceso de reversión destas; e a que no caso de continuar Ferroatlántica na destrución de emprego e actividade produtiva, demande do goberno central a paralización de calquera tipo de compensación para Ferroatlántica das contempladas no RD 20/2018 para as industrias electrointensivas, por incumprir a condición de que estas axudas estean vinculadas ao mantemento da actividade.”

As razóns do non do PP

O PP votou en contra porque considera que “os propios traballadores non estaban dacordo con esa moción”, apunta Domínguez tras tres xuntanzas cos traballadores. “Os traballadores cónntanos que o problema real de Ferroatlántica é a tarifa eléctrica, e pídennos estrictamente que non se toque o tema da concesión, que nos centremos únicamente no tema da electricidade”, valora.

Ademais dende o PP asgeuran que parte dos representantes dos traballadores “nos trasmitiron a súa disconformidade coa moción xa que consideran que é tempo de facer propostas para buscar solucións non de enredar”.

Domínguez asegura que xa lle deu traslado de todas esas peticións ao Conselleiro de Industria e “transmítenos que está realizando xestións ante o goberno central, que é quen ten a facultade para modificar a tarifa eléctrica”. “É o momento da Xunta, polo tanto, non nos precipitemos, non encrespemos a situación”, indica.

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios