Luns. 06.12.2021
El tiempo

Unha fin de semana na prisión de A Lama

Unha fin de semana na prisión de A Lama

Cantas veces nos preguntamos como é unha cárcere por dentro? Cantas veces escoitamos historias que de algún xeito nos facían estremecer? A visión máis típica que se pode atopar no imaxinario colectivo, seguramente terá moito que ver coa premiada película “Celda 211“.

A sorpresa chega cando se visita unha cárcere coñecida a nivel estatal, e se comproba que, a simple vista, non todo é tan escuro nin hostil…

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) decidiu celebrar a súa IV Convención no cárcere pontevedrés de A Lama, abrindo as súas barras á xornalistas, reporteiros e membros de ONG’s, como un exemplo da interese que mantén esta organización por informar sobre as realidades dende o interior, dende o ángulo humano do que poucos falan.

Numerosas persoas achegáronse ata alí para participar dun congreso diferente, onde non só escoitaron as conferencias de profesionais e internos, senón que tamén puideron compartir un xantar cos reclusos, no se propio comedor.

Durante a fin de semana, tratouse de amosar a cara amable dunha institución que, a priori, todos pintamos de gris. Chama a atención as cores alegres, as flores, os murais nas paredes dos patios, os internos ataviados coas mellores roupas, a boa educación de algúns, e a timidez de outros.

Durante as xornadas, houbo tempo para todo, para escoitar atentos as palabras das autoridades, e para calar mentres falaban das súas experiencias algúns dos presos. Tódalas visión válidas, así como as interpretacións. Un bo traballo feito, pero a sensación quedou no aire, e os comentarios paseáronse polas conversacións privadas. “Isto é un hotel?”-

Cada un obtivo a súa resposta, a través das confidencias intercambiadas cos que alí residen. Os máis veteranos queixábanse do frío, e os máis viaxeiros, aseguraban que, en comparación con outras, aquilo era un luxo.

Sexa como fora, entendeuse que o módulo ao que os visitantes accederon, é o de convivencia, especial polo comportamento dos reclusos, estrito nas súas normas, e promotor da reinserción. “Hai módulos realmente malos”, asegurou un dos internos, quen agradeceu a oferta de actividades, cursos e talleres, que segundo el, o manteñen lonxe das drogas e da súa propia mente.

Dous días de experiencias compartidas, un percorrido lixeiro por un espazo que confunde ao visitante, e o aclara, nun abrir e pechar de portas.

- “Tede coidado, que aquí hai moito delincuente!” – Apunta un interno, a modo de despedida.
- "E tamén fóra, e tamén fóra…" - contesta un xornalista -

Máis información

Fonte

  • Redacción de Susana Alvite, xornalista da Costa da Morte e colaboradora de Agareso e de QPC, ademais de traballar na Axencia ceense Hexis Comunicación.

comentarios