Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fisterra e Muxía, os únicos Concellos que se benefician do auxe do sector turístico na Costa da Morte

Fisterra e Muxía, os únicos Concellos que se benefician do auxe do sector turístico na Costa da Morte

Informe PIB por habitante Costa da Morte por Concellos 2018-19 Fonte-José Luís Louzán a partir dos datos do IGE ”Se alguén gaña co auxe do sector turístico da Costa da Morte, non está en Cee, Carnota ou Dumbría. Está en Fisterra ou Muxía”. Esa é a primeira conclusión que saca José Luís Louzán dun completo estudo que está a desenvolver e do que hoxe nos manda un adianto. Un estudo que segue a liña do completísimo informe económico-financieiro que realizara para QPC en 2016. Analizando os primeiros datos de PIB e de emprego por sectores, dá a impresión de que a inversión en promoción turística non está beneficiando a comarca de Fisterra, nin tampouco o resto da Costa da Morte, alo menos de xeito directo. De feito, parece máis ben que o Camiño “perxudica” de algún xeito a Cee e que o auxe turístico de Fisterra e Muxía só o están aproveitando economicamente esas duas localidades. Cee, que practicamente non perdeu poboación dende 2010 (mentres Muxía perdia mais do 10% da sua poboación e Fisterra mais dun 4%, Cee perdeu escasamente o 2%), deixouse en 6 anos nada menos que 35 millóns de euros en produto interior bruto mentres Fisterra gañou 8 millóns de euros no total do periodo e Muxía algo mais de 2 millons. En Cee, case sen perda de poboación, un veciño perdeu máis de 4.000€ de PIB, mentres un fisterrán gañaba 2.000€ máis ao ano e un muxián case 1.500€. Informe PIB Concello total Costa da Morte por Concellos 2010-2016

Importancia do sector servizos

Ben é certo que Cee segue a ser un motor do sector servizos. En Cee traballa tanta xente no sector servicios (1795 traballadores) como traballan en total en Fisterra (979) e Muxía (768). De feito, con respecto a 2010, Cee perde traballo no sector primario (-40) e na Construcción (-93) aumentando a súa dependencia do sector servizos (+205). Pola súa parte, Fisterra perde emprego no mar (-126) e na construcción (-38), e debe o incremento no seu PIB casi en exclusiva ao sector servicios (+258). A quinta parte dos empregos na vila do Cristo dependen xa unicamente de que exista o turismo e a hostalería. Ademais, Muxía perdeu emprego en todos os sectores pero, como en Fisterra, aumentou significativamente o seu sector comercial e de servizos, onde atoparon acomodo 111 empregos novos con respecto a 2010. Por contra, o mar perdeu -79 e a Construcción -75. Estatistica Emprego por sectores Costa da Morte 2018

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/informe-para-evitar-o-desastre-economico-financeiro-da-costa-da-morte/

Comentarios