Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A APTCM irá á conquista de España e Europa cun plan para incrementar o turismo

A APTCM irá á conquista de España e Europa cun plan para incrementar o turismo
A Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) vén de facer público un novo plan no que está a traballar de cara ao ano 2011. Trátase dun proxecto relativo á comercialización do turismo na Costa da Morte, de cara a incrementar a demanda turística ademáis de desestacionalizala. A labor da APTCM basearase na comercialización dos paquetes turísticos. Para iso a entidade estará presente en varias feiras de turismo nacionais e internacionais. Entre as medidas que pretenden tomar dende a Asociación, destaca a comercialización en destinos emisores, coa asistencia do ente a varios mercados e feiras de turismo. Deste xeito, APTCM estará presente no mes de febrero no Navatur de Navarra e no Fórum Gastronómica de Girona, en marzo en Alicante e Silleda e no mes de maio en Bilbao. A cita en Girona será moi importante xa que aló levarán unha “Cata de Produtos da Costa da Morte”. Tratase de que algún empresario do sector da hostalería ou restauración, acompañado dun produtor local, leve a cabo unha pequena presentación do produto, como se cociña, as súas propiedades, unha maridaxe,etc. Pola súa banda A principios de 2011 terá lugar unha viaxe de familiarización, FamTrip, no queparticiparán distintos medios de comunicación nacionais. O obxectivo deste famtrip e dar a coñecer o destino e acadar unha cobertura mediatica positiva que contribúa a promoción do mesmo.

Impulso internacional

Pero por se fora pouco, dende a Asociación apuntan que tamén estarán presentes en varias Feiras Internacionais, como a BIT de Milán e a BTL de Lisboa, ámbalas dúas no mes de febreiro, e a ITB de Berlín, en marzo. Segundo explican dende a APTCM a elección destas feiras non foi aleatoria, senón que se axustou á maior posibilidade de captar clientes para a Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da APCTM.

Comentarios