Fitur volve coñecer varias Costas da Morte

11:24 21/01/11


No camiño da unión
As dúas entidades que xestionan os recursos turísticos da zona teñen falado en numerosas ocasións de xuntar forzas. Pero esa unión nunca se leva á realidade. O propio Manuel Pan, presidente de APTCM tendía a man de novo á Asociación Neria para acodir de maneira conxunta a estas Feiras. Facíao, ademais de persoalmente, a través do Facebook onde apuntaba entre as súas conclusións: "APTCM trasládalle a Neria que o discurso de colaboración hai que levalo á practica, e tende a man outra vez máis". Pan felicitaba ao fotógrafo Marcos Rodríguez pola súa impresionante foto na portada de "Hostelería Galega"; e destacaba o gran traballo de Muxía Natural.Potencialidades costeiras
O turismo gastronómico é un dos nosos maiores potenciais. Así o referendou o presidente da Deputación, que ademais de volver a presentar o portal de reservas reservascostadamorte.com, apuntou que uun dos próximos destinos é a promoción dos produtos gastronómicos de Costa da Morte no Fórum Gastronómico de Girona. E fixo o propio A Asociación de Turismo Rural Muxía Natural, que presentou da man da actriz Teté Delgado, o seu Plan “Saboreando Galicia dende Muxía”, isto é, un conxunto de paquetes turísticos, a desenvolver entre os meses de febreiro e xuño (ambos inclusive), e que conxugan casas rurais, gastronomía e turismo activo.Novidades sobre o Centro de Coñecemento
E chegan hoxe novidades sobre o Centro do Coñecemento que a Asociación Neria está a desenvolver na vila de Cee, sobre o que a empresa corubionesa de Novas Tecnoloxías Galinus e o diario dixital QPC non ten información por parte da entidade supramunicipal. Chéganos a información da man da Fundación Galega da Formación para o Traballo, que abre un novo marco de colaboración coa Neria para "o desenvolvemento de accións que impulsen a formación para o emprego". Precisamente o Centro de Coñecemento foi presentado na FITUR.Novas relacionadas
- Fitur saboreará a Costa da Morte con sabor muxián.
- A APTCM irá á conquista de España e Europa cun plan para incrementar o turismo.
- En marcha a central de reservas online da Costa da Morte.
- FITUR 2010: Dúas Costas da Morte en Fitur.
- FITUR 2009: A Costa da Morte, divida no Fitur.
- INTUR 2008: A sensación dividida da Costa da Morte en INTUR.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).