Fotodenuncia: Máis vertedoiros ilegais en Carballo


Non deixamos de traer estas imaxes por ser totalmente representativas do que acontece ao longo da bisbarra. Os montes seguen servindo de vertedoiro público onde os inmorais levan os seus grandes refugallos. Non lles costará tanto traballo levalos aló arriba que a un Punto Limpo?
Así, traemos dúas imaxes de dous dos vertedoiros incontrolados que a Brigada de Medio Ambiente de Carballo ten retirado nos últimos días no Cótaro (Entrecruces) e en Pardiñas (Razo). Durante estes días a Brigada recolleu, a través do Punto Limpo Móbil, un total de 40 residuos voluminosos no servizo do primeiro martes de xaneiro. Tan só 13 destas limpezas se corresponden con peticións xestionadas a través do aviso telefónico durante o mes de decembro, mentres que os 27 residuos restantes foron detectados e retirados pola Brigada nos seus percorridos habituais.
Así, o Punto Limpo Móbil, que funciona cada primeiro martes de mes, permite que os carballeses e carballesas que o desexen soliciten a recollida a domicilio -tanto no medio urbano coma no rural- de residuos voluminosos solicitándoo con alomenos 24 horas de antelación no teléfono 981 701 642.
Teñen máis información sobre o punto limpo de Carballo.
Reunión no Concello sobre a concesión do servizo de recollida de lixo
Precisamente esta mañá de xoves 12 de xaneiro, ás 11:30h, a Casa do Concello de Carballo acolle unha xuntanza entre os voceiros de todos os grupos políticos municipais para valorar os documentos que rexerán o Concurso para a Concesión do servizo de recollida de lixo do Concello de Carballo. A documentación está dividida en catro epígrafes (Regulamento de Servizos, Estudo Económico-financeiro, Prego de cláusulas técnicas e Prego de cláusulas administrativas particulares) e conta cun total de 231 páxinas. Para analizalos está prevista a presenza na xuntanza do asesor José Antonio Lagares.
Máis información
Novas relacionadas
Máis Fotodenuncias
Podes enviarnos a túa fotodenuncia a info@quepasanacosta.gal ou a través do noso Facebook.
- Fotodenuncia: Recordo dalgún desaprensivo na praia de Nemiña.
- Fotodenuncia: Cabalos con cepo.
- Fotodenuncia: O cemiterio de quen?.
- Fotodenuncia: O Museo de Man, en coma.
- Fotodenuncia: Cableado con vistas.
- Fotodenuncia: Pintadas no Monte Pindo.
- Fotodenuncia: Augas contaminadas na praia do Rostro.
- Fotodenuncia: Das barreiras arquitectónicas.
- Fotodenuncia: Lixo na praia do Lago (II) .
- Fotodenuncia: Verquidos nos montes de Coristanco .
- Fotodenuncia: O abandono da estación de buses de Fisterra.
- Denuncia cunha foto: As marquesiñas de papel.
- Denuncia cunha foto: Un vertedoiro en Caneliñas.
- Denuncia cunha foto: Un televisor en Silvarredonda.
- O vertedoiro do Cabo Touriñán.
- Tabicados en Lires.
- Un colchón no Camiño.
- Os sinais do patrimonio.
- As escouras da Ferroatlántica na praia do Rastrelo.
- Casas de segunda residencia en Arnela.
- Os salvaxes somos nós.
- Lixo na praia de Lago.
- Urbanización na praia da Langosteira.
- A morte da fervenza.
- Casas invadindo a praia de Mar de Fóra.
- A que esperan para tiralas abaixo?.
- Quenxe, Corcubión.
- O Pindo, monte pantasma.
- Proyecto urbanístico en monte San Pedro Martir de Cee.
- Unha lavadora no encoro.
- "Malpica, desenvolvemento urbanístico insostible".
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).