Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Fotodenuncia: Máis vertedoiros ilegais en Carballo

Fotodenuncia: Máis vertedoiros ilegais en Carballo

Non deixamos de traer estas imaxes por ser totalmente representativas do que acontece ao longo da bisbarra. Os montes seguen servindo de vertedoiro público onde os inmorais levan os seus grandes refugallos. Non lles costará tanto traballo levalos aló arriba que a un Punto Limpo?

Así, traemos dúas imaxes de dous dos vertedoiros incontrolados que a Brigada de Medio Ambiente de Carballo ten retirado nos últimos días no Cótaro (Entrecruces) e en Pardiñas (Razo). Durante estes días a Brigada recolleu, a través do Punto Limpo Móbil, un total de 40 residuos voluminosos no servizo do primeiro martes de xaneiro. Tan só 13 destas limpezas se corresponden con peticións xestionadas a través do aviso telefónico durante o mes de decembro, mentres que os 27 residuos restantes foron detectados e retirados pola Brigada nos seus percorridos habituais.

Así, o Punto Limpo Móbil, que funciona cada primeiro martes de mes, permite que os carballeses e carballesas que o desexen soliciten a recollida a domicilio -tanto no medio urbano coma no rural- de residuos voluminosos solicitándoo con alomenos 24 horas de antelación no teléfono 981 701 642.

Teñen máis información sobre o punto limpo de Carballo.

Reunión no Concello sobre a concesión do servizo de recollida de lixo

Precisamente esta mañá de xoves 12 de xaneiro, ás 11:30h, a Casa do Concello de Carballo acolle unha xuntanza entre os voceiros de todos os grupos políticos municipais para valorar os documentos que rexerán o Concurso para a Concesión do servizo de recollida de lixo do Concello de Carballo. A documentación está dividida en catro epígrafes (Regulamento de Servizos, Estudo Económico-financeiro, Prego de cláusulas técnicas e Prego de cláusulas administrativas particulares) e conta cun total de 231 páxinas. Para analizalos está prevista a presenza na xuntanza do asesor José Antonio Lagares.

Máis información

Novas relacionadas

Máis Fotodenuncias

Podes enviarnos a túa fotodenuncia a [email protected] ou a través do noso Facebook.

Fonte

Comentarios