Venres. 19.04.2024
El tiempo

A futura Unidade de Atención de Temperá da Costa da Morte amplía o seu impacto

Unidade de Atencion Tempera
A futura Unidade de Atención de Temperá da Costa da Morte amplía o seu impacto

Muxía, Vimianzo e Camariñas foron, o pasado ano, os primeiros concellos interesados na creación dunha Unidade de Atención Temperá. Hoxe xa son 10 os concellos implicados no proxecto. Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Zas e Vimianzo uníronse formando ademais unha “Agrupación de Concellos”, baixo convenio, que servirá para que sexa este novo ente, e non un Concello concreto (estaba a ser Dumbría o encargado) de levar a tramitación do proxecto.

Aínda non está de todo perfilado, pero a idea inicial é crear dous puntos fixos (en Dumbría e Vimianzo), con posibilidades de poder alternar (todos os concellos deberán dispoñer dun espazo), e con versatilidade para que os profesionais contratados (terapeutas ocupacionais, pedagogos, logopedas…) poidan desprazarse en función das necesidades de cada territorio, e de cada centro de ensino, pois serán os colexios grandes beneficiados desta unidade.

Segundo explica José Manuel Pequeño, o Concello de Dumbría formula, aínda por determinar, a posibilidade de crear unha oficina na Casa da Cultura. A fórmula de traballar sería a concesión a unha entidade de iniciativa social de emprego.

Sobre os prazos, asegura que a intención é poñela a andar canto antes, entre outras cousas, para non perder a subveción da Xunta.

Porque a Xunta vén de informar de que vai aportar case 50.000 para o mantemento (debería poñer para a creación) da unidade costeira. Ademais, da Unidade conxunta, os conceloos de Santa Comba e Muros comparten servizo con outros da súa contorna.

Que son as unidades de Atención Temperá

Estas unidades son básicas para identificar, previr e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade.
A atención temperá facilítalles ferramentas para gañar autonomía xa desde a infancia para que gocen dunha maior calidade de vida cando sexan maiores. Así mesmo, ao actuar antes hai máis opcións de evitar que os trastornos no desenvolvemento perduren no tempo e sexa máis difícil corrixilos.

Axudas da Xunta á Rede de Atención Temperá na comarca

COMARCA ENTIDADE SOLICITANTE CONCELLOS INTEGRANTES IMPORTE MÁX. AXUDA
BARBANZA AGRUPACIÓN DE CONCELLOS NOIA, LOUSAME, OUTES, MUROS E PORTO DO SON 112.150,17 €
CARBALLO AGRUPACIÓN DOS CONCELLOS DUMBRÍA, CAMARIÑAS, CARNOTA, CEE, CORCUBIÓN, FISTERRA, MAZARICOS, MUXÍA, ZAS E VIMIANZO 49.555,35 €
XALLAS AGRUPACIÓN DE CONCELLOS SANTA COMBA, A BAÑA 52.167,38 €

Novas relacionadas

Comentarios