Galicia tamén se indigna este sábado coa Revolución do 15O


719 ciudades (8 en Galicia) e 71 paises (o 40% dos países do planeta) participarán este sábado 15 de outubro na revolución do Movemento 15M por unha Democracia Real Xa. Unha revolución como as de antes, tomando a rúa, pero en pleno século XXI, tomando a rede como medio dinamizador e globalizdor imparable.
O obxectivo e enviar aos dirixentes locais, nacionais e internacionais unha mensaxe unida, grande, e clara de disconformidade co "desenvolvemento" da sociedade actual. Así o Manifesto do 15O pide a unión por un cambio global: "Os poderes establecidos actúan en beneficio duns poucos, desoíndo a vontade da gran maioría, sen importarlles os custos humanos ou ecolóxicos que teñamos que pagar. Hai que pór fin a esta intolerable situación".
As críticas van concretamente dirixida aos 4 poderes: "o financeiro (incluídos os paraísos fiscais, a banca e as axencias de cualificación), o político (os dirixentes illados da xente), o militar (os exércitos e a OTAN) e o mediático (grandes grupos e censores de Internet)".
Para situalo, o Manifesto global do movemento 15M é indignamente claro, facendo fincapé na nosa calidade de persoas, humanas, propoñendo unha revolución ética particular e global.
Entrementres, a sociedade segue vivindo situacións tan esperpénticas, sen marchar do país, como o que puidemos ler nos últimos meses coas finadas caixas galegas. Por aí endiante, os PPSOE intentan controlar a televisón pública sen que pase nada, ao tempo que os últimos sucesos acaecidos en Nova Iorque dan conta da relevancia do movemento a nivel internacional, que segue a ser ninguneado polos medios tradicionais.
Sen máis, agradecemos a invitación do O Faro Fsterra e o seu blogmaster José García Sanchez, para facernos partícipes, a QPC, a toda a nosa comunidade, e a toda a veciñanza indignada da Costa da Morte, desta revolución. Así vos invitamos a participar en algunha das 8 manifestacións que partirán este sábado 15 de outubro dende as 18:00h.
Listado de convocatorias para o 15 de outubro en Galicia

- A Coruña: Inicio na Plaza de Pontevedra ás 18:00h (Evento en Facebook).
- Ferrol: Inicio na Praza 15 de Maio (diante do Concello) durante todo o día (Evento en Facebook).
- Lugo: Inicio na Plaza Mayor ás 18:00h (Evento en Facebook.
- Mondoñedo: Inicio na Praza da Catedral ás 18:00h (Evento en Facebook.
- Ourense: Inicio na Alameda do Concello ás 19:00h (Evento en Facebook).
- Pontevedra: Inicio na Praza de España ás 18:00h Evento en Facebook).
- Santiago de Compostela: Inicio na Porta Faxeri ás 18:00h (Evento en Facebook).
- Vigo: Inicio na Praza de España ás 18:00h Evento en Facebook).
Máis información: Listado de convocatorias para el 15 de octubre en toda España.
Artistas unidos coa revolución
Moita xente do eido cultural, social e ata político uníronse ao 15M. Este é Eduardo Galeano pero podedes ver a outros moitos no Canle SecretOlivo:
Máis información
- www.democraciarealya.es.
- 15october.net/es.
- Facebook de Democracia Real Ya.
- Galicia tamén quere Democracia Real Xa.
- As verdades como puños de José Luís Louzán: Medidas cautelares.
- Redacción de QPC ([email protected]).