mércores. 11.02.2026
El tiempo

O GALP forma ao sector do mar en materia de turismo mariñeiro

curso-pesca-turismo-Marineiro-Galp Costa Morte
O GALP forma ao sector do mar en materia de turismo mariñeiro

Dende o día 9 ao 13 de febreiro, o GALP Costa da Morte está a desenvolver un proxecto de formación sobre turismo mariñeiro en Vimianzo. Durante 5 xornadas, o proxecto Mar e Rías Pesca & Turismo oferta unha formación complementaria dirixida a persoas que desenvolven actividades de pesca turismo ou turismo mariñeiro, así como a aquelas interesadas en emprender neste ámbito. A iniciativa busca reforzar competencias clave vinculadas á atención ao público e á mellora da experiencia turística asociada ao sector pesqueiro.

Durante esta primeira semana toca Habilidades sociais e atención ao público; a semana do 16 de febreiro afondarase sobre Atención a persoas con discapacidade, e na do 23 farase fincapé na importancia do inglés para atención turística.

Ao remate recibirán un diploma acreditativo.

As inscricións deberán realizarse a través da web pescaeturismo.gal, na sección Formación → Cursos, onde se pode consultar a información de cada curso e seleccionar as accións formativas á que apuntarse.

Curso de Turismo Marineiro do GALP Costa da Morte

Comentarios