martes. 07.07.2026
El tiempo

Máis dun milleiro de atletas prepáranse para a IX Carreira do Apóstolo de Adro Vilaño

Participantes_Andaina_2025
Participantes na Andaina do ano pasado
Máis dun milleiro de atletas prepáranse para a IX Carreira do Apóstolo de Adro Vilaño

A Asociación Cultural Adro de Vilaño agarda superar este ano a cifra dos máis de 1.000 inscritos acadada na pasada edición, consolidando a proba como o evento deportivo máis multitudinario do Concello da Laracha. A carreira conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello da Laracha, e manterá a distancia de 7K que estreou o ano pasado con moi boa acollida.

“Queremos que a Carreira do Apóstolo sexa un lugar de encontro para todo o mundo”, afirma Juan Ramos, desde Adro de Vilaño. “Este ano incorporamos xogos infantís, contaremos con Bico de Xeado e Cafés Aruba e seguimos apostando pola MasterClass de Salsation. A idea é que cada persoa desfrute do evento como queira, pero que ese día non quede na casa”. 

A carreira, que forma parte do XII Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña, manterá os servizos habituais de aparcamento e baños adaptados, zona de avituallamento con auga e froita, duchas, fisioterapia e pinchos de balde ao remate.

A Andaina Solidaria de 3,5km, que ten como finalidade recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro e Cáritas da Laracha, leva doados máis de 5.000 € a estas entidades desde o seu inicio e espera superar a barreira dos 6.000 € nesta edición. A actividade, aberta a todas as idades, contou na oitava edición con máis de 500 persoas inscritas, desde os 8 meses ata os 85 anos, reforzando o carácter interxeracional e inclusivo da xornada.

Cartel_IX_carreira_apostolo_vilaño

Inscricións

As inscricións poden realizarse a través da web carreirasgalegas.com ou presencialmente en Tempo Training & Social Center, na Casa da Cultura ou na Piscina Municipal da Laracha. O prazo para a inscrición remata o 15 de xullo e o prezo é de 7 euros, sendo gratuíta para as categorías escolares.

Ligazón para inscrición na web:
https://www.carreirasgalegas.com/events/ix-carreirado-apstolo-a-laracha/4mVoog9p 

Comentarios