O GDR artella unha serie de faladoiros sobre o proxecto Paisaxes Intelixentes
Recuperar as variedades hortícolas locais é un dos grandes obxectivos do proxecto de Cooperación "Paisaxes Intelixentes". E ademais de ofrecer sementes tradicionais a produtores da zona, o GDR Costa da Morte organiza unha serie de faladoiros relacionados con varias liñas de traballo do proxecto, co obxectivo principal de acercar á cidadanía temas tan relevantes para a xestión do noso territorio como a xestión forestal sostible; a xestión gandeira e de forraxes; así como a organización conxunta do territorio.
Estes faladoiros desenvolveranse en varias sesións distribuídas nas seguintes temáticas e nas localizacións indicadas a continuación:
- Xoves 7 de setembro ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio: XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE
- Xoves 14 de setembro ás 19:00 horas no Hospital dos Peregrinos - Santa Margarida (Montemaior - A Laracha): XESTIÓN CONXUNTA DO TERRITORIO
- Xoves 21 de setembro ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Vimianzo: XESTIÓN GANDEIRA E DE FORRAXES
Ao remate de cada un dos faladoiros ofrecerase un aperitivo aos asistentes.
As inscricións poderanse realizar no enderezo electrónico do GDR: [email protected] ; ou ben por chamada telefónica nos seguintes números de contacto: 981 71 73 58 / 678 64 80 65
O proxecto está financiado no marco do programa LEADER, polo Fondo Europeo Agrario de Desarrollo Rural (Feader); a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA),