Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O IES de Baio marcha de excursión pola Ruta das Antas

Exposicion das Antas da Costa da Morte no IES de Baio
O IES de Baio marcha de excursión pola Ruta das Antas

A semana pasada inauguouse no IES Maximino Romero de Lema a exposición itinerante, As Antas da Costa da Morte, a través da cal realizan un percorrido polos monumentos fúnebres do megalitismo na Costa da Morte. Cedida polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) é un completo traballo de divulgación no que se explican elementos da cultura: as antas que forman parte da nosa paisaxe e que aínda hoxe descoñecemos.

A mostra está constituída por 20 paneis que se inician cun mapa no que se ilustra toda a riqueza arqueolóxica da parte central e oriental da Terra de Soneira, marcando como camiño principal a chamada Vía Arqueolóxica. No resto aparecen excelentes fotografías con información sobre estas construcións de carácter funerario: Pedra Vixía, Pedra da Moura, Pedra da Arca, Pedra Cuberta, Arca da Piosa, a Mina de Recesindes, a Mina de Parxubeira, a Pedra da Lebre ou Dombate son algúns exemplos dos 14 monumentos dos que se propón a súa visita.

O alumnado coñeceraos primeiro a través da exposición seguindo unha unidade didáctica elaborada dende o Departamento de Historia; posteriormente, na primavera, algúns dos cursos achegárase in situ para apreciar esta parte da súa herdanza cultural.

A mostra, que ten a súa orixe no libro Polas antas e mámoas da Costa da Morte de Xosé María Lema Suárez, pode visitarse no Centro en horario lectivo ata o próximo 28 de xaneiro. Unha vez máis dende o Centro aplauden "iniciativas deste tipo que permiten coñecer o noso patrimonio: só así poderemos defendelo das agresións constantes e difundir a súa historia para non perder a esencia como pobo".

Exposicion das Antas da Costa da Morte no IES de Baio 4Exposicion das Antas da Costa da Morte no IES de Baio 2Exposicion das Antas da Costa da Morte no IES de Baio 1

Comentarios