Excursión pola Ruta das Antas da Costa da Morte
Máis información: Descarga o Mapa e a xeolocalización da Ruta das Antas
20:22 09/08/11
O patrimonio histórico, cultural e social da Costa da Morte pasa pola súa riqueza de monumentos megalíticos. Estas pirámides galaicas son monumentos funerarios datados entre os anos 4000 e 2000 a.C. onde só os máis importantes xefes das tribus repousaban logo da morte física. Así, damos unha volta polo roteiros do Concello de Vimianzo que nos leva por 7 puntos de interese, que, sorprendentemente debido ao que estamos acostumados, están ben sinalizados e non hai case perda. Comezamos a viaxe saíndo de Vimianzo cara Baio, onde no Km.60 da estrada C-552 que une Fisterra con Carballo, a dous quilómetros de Baio, hai un desvío cara a dereita dirección Bamiro, e no que da comezo a Ruta dos Dólmenes ou Antas, que ven sendo unha palabra moito máis galega.
Esta anta está localizada na parroquia de Treos, e a data de creación anda entre os 4000 e os 3000 a.C. Trátase dunha anta de gran tamaño e é unha das máis coñecidas de Galicia. Aínda se poden observar pinturas negras e vermellas dentro do corridor pero que se están a perder por non tomar medidas axeitadas. Cómo chegar: Unha vez rematamos á visita do penedo de Torán baixamos cara a igraxa parroquial de novo e torcemos á esquerda no desvío que cruzamos á subida. Chegamos á estrada Baio-Baíñas, chamada a vía arqueolóxica, e collemos á dereita. A 1 km do núcleo de Tines collemos á dereita e pasado outro quilómetros hai unha indicación que sinala directamente á anta. Paramos o vehículo onde poidamos e a man dereita a 50 da estrada atópase a anta.
Localizada na parroquia de Serramo e datada dos 4000-3000 a.C., esta anta cunha caperuza de enormes dimensións, aparece no medio dunha mámoa ou tumulto (montaña de terra que cubría as antas) de 15 metros de diámetro. Cómo chegar: Continuamos 1km pola mesma estrada onde estaba a pedra Cuberta onde tomamos unha vía á dereita un pouco antes de Arxomil. Pasamos unha boa subida que baixa ata a igrexa de Treos que deixamos atrás e volvemos á estrada Baio-Baíñas cara a dereita. Chegamos a Carneo, nun cambio de rasante hai un sinal cara a dereita por unha pista de asfalto que tras 900 metros mostra un pequeno carreiro (tamén sinalizado) cara a dereita. A uns 300m está a Pedra nun pradiño debaixo duns cables de electricidade dos grandes.
Descuberta hai ben pouco (no 1987 por un par de arqueólogos galegos), esta arca de boas dimensións pertence á parroquia de Serramo no medio dun bosque de eucaliptos onde, curiosamente, crecen acivro. Cómo chegar: Dende a Pedra Moura voltamos á estrada Baio-Baíñas cara a dereita e pasado 1 km atopamos a arca a man dereita perdida no medio dos colitros.
Cómo chegar: Difícil acceso, e sen sinalización: dende Serramo collemos á esquerda cara Comareiro (con sinal) e subimos ata que remata o asfaltado para continuar de fronte pola pista de terra. Esta nos leva logo duns 2 km ata a cancela dunha explotación forestal de eucaliptos, claro, onde se atopa a arca. Entramos e collemos a primeira pista á dereita (aquí non hai sinal de ningún tipo e hai moito bosque onde perderse) e atopamos a anta a uns 700 m a man esquerda.
Outra enorme anta que se pode confundir con outras xa que o seu nome é bastante xenérico. Ten a peculiaridade de pertencer a dous concellos distintos xa que a fronteira entre a parroquia de Baíñas, Vimianzo, e a de Regoelle de Dumbría, pasa pol medio da anta data tamén de entre o 4000 e o 3000 a.C. A suposta mámoa ou túmulo que recobría a anta mide uns 30 metros de diámetro. A pedra superior é sinxelamente xigantesca. Cómo chegar: Saímos da explotación forestal de eucaliptos e baixamos de novo á estrada Baio-Baíñas cara a dereita. Ao chegar ao cruce de Baíñas seguimos recto cara Ponte Oliveira. A 2km collemos unha pista de terra cara a esquerda, e logo nunha bifurcación á dereita, que sobe e chega á anta que queda a man esquerda nunha leira debaixo de novo dos cables de electricidade.
Cunha estructura distinta, esta arca pertence a unha época un pouco máis tempraneira, entre o 2500 e o 2000 a.C., antecedendo a Idade de Bronce. Máis adiante servíu durante moitos anos coma refuxio para pastores. Mantén gravados e covas e cruces. Cómo chegar: Voltamos cara Baíñas e collemos á esquerda cara Muxía-Cee que vai dar a Berdoias. Un pouco antes de chegar ao cruce coa C-552 hai un desvío cara a esquerda pegadiño a unha casa. Continuamos ata unha pista de terra onde convén deixar o coche. Uns 900m máis adiante e logo duns preciosos castiñeiros atopamos a casota. E voltamos para casa inmersos nun mar de lendas e historia.
Pedra Cuberta

Pedra Moura

Pedra da Lebre

Arca da Piosa
Un dos maiores e máis espectaculares monumentos megalíticos de Galicia. As enormes cubertas miden case que 5 metros de lonxitude e entre todas as pedras chegan ás 35 toneladas. Pertence á parooquia de Muíño do Concello de Zas, e data tamén de entre o 4000 e 3000 a.C. A modesta opinión do que escribe é que esta é a máis impresionante de todas. Ademais conta cunha lenda arredor dela, dende que o noso Pondal creaba nos seus Queixumes dos pinos ao heroe celta o valente Brandomil que caería morto fronte a un esquivo romano e descansaría no seu mausoleo da Piosa.
Pedra da Arca

Casota de Freáns

Bibliografía
- "Arquitectura megalítica na Costa da Morte. Antas e mámoas" (1999), Xosé María Lema Suárez; "Caminando entre dólmenes. Arquitectura megalítica de la Costa da Morte (Galicia)"; Asoc. Neria, Cee, 2002; "Polas antas e mámoas da Costa da Morte (Galicia)"; Seminario de Estudos Comarcais da CM; Vimianzo, 2006; "Por los dólmenes de la Costa da Morte (Galicia)", Tórculo Edicións, Santiago, 2006) "Les dolmens de la Costa da Morte (au Finisterre de la Galice)"; Seminario de Estudos Comarcais da CM, Vimianzo 2007. Tamén o documental "Ruta das antas da Costa da Morte. Os principais monumentos megalíticos"; Seminario de Estudos Comarcas da CM, 2009.
Outros recunchos megalíticos
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]):