Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Instituto de Estudos Bergantiñáns marcha de visita cultural á ría de Arousa

Pobra do Caramiñal
Foto da Pobra do Caramiñal de Xan Fdez. Carrera
O Instituto de Estudos Bergantiñáns marcha de visita cultural á ría de Arousa

Trala andaina realizada por Camariñas, o Instituto de Estudos Bergantiñáns non para e xa ten previsto realizar unha nova saída. Neste caso será unha visita cultural pola zona norte de ría de Arousa para o sábado  11 de xuño. O autobús sairá ás 8.30 horas da rúa Gran Vía, fronte á praza de Carballo.

A ruta iniciarase coa subida ao miradoiro de Valle Inclán, para disfrutar dunha panorámica da ría e dos núcleos de poboación situados nas súas marxes. A continuación visitarase o museo de Valle Inclán na Pobra do Caramiñal, situado na torre de Bermúdez (século XVI), que pertenceu aos avós do escritor.
Logo os participantes realizaran un percorrido guiado polo núcleo histórico da Pobra. Pola tarde trasladaranse á vila próxima de Palmeira para levar a cabo tamén unha visita guiada da man do  escritor e etnógrafo local, Francisco Antonio
Vidal Blanco.

Os billetes para as persoas que desexen participar nesta actividade poderán ser adquiridos, como vén sendo habitual,
na libraría Brañas Verdes de Carballo (teléfono 981 70 36 41) a un prezo de 22€ para os socios e 25 para os non asociados e neles está incluído o transporte, o xantar e a visita guiada pola Pobra.

Comentarios