José Luis Arén, emigrante retornado: "Temos alumnos de moitos pobos da Costa da Morte"
A emigración sempre é un tema que estivo e segue a estar no día a día da xente que vive na Costa da Morte, ben porque lle tocou vivila nas propias carnes ou porque algún familiar cercano estivo nesta situación. A historia de José Luis Arén, un camariñán emigrado a Londres, é unha historia de tantas. Eso sí, coa variable de que Arén finalmente retornou a Galicia despois de criarse na capital británica.
José Luis e a súa familia viviron no pobo de Camariñas ata que este cumpliu os cinco anos, momento no que os seus pais decidiron partir cara o Reino Unido. Mais este cambio non permitiu que Arén se alonxase de Galicia e a Costa da Morte. Estudou todos os cursos ata o bacharelato no colexio Vicente Cañada Blanch, un centro ubicado no barrio de Portobello que segue o modelo educativo español. Alí tamén adoitan estudar moitos fillos de emigrantes galegos. Ademais, mantivo en todo momento un vínculo con Camariñas, xa que na súa casa os seus pais só lle falaban en galego e nos veráns adoitaba a vir durante os meses de xullo e agosto á casa dos seus tíos, ubicada en Arou.
Cando xa ramatara os anos de ensinanza no instituo, Arén comezou a traballar na capital inglesa, mais pouco tempo despois os seus pais decidiron voltar á terra natal. "Tiña a oportunidade de vir aqui a estudar á univerdidade e quixen coñecer A Coruña e un pouco a cultura máis de cerca", afirma o camariñán, que decidiu volver con eles. Cando chegou, comezou traballando nun hotel mentres pensaba na carreira que lle gustaría cursar.
A vida como retornado
Segundo comenta José Luis, "o primeiro ano aqui o pasei un pouco mal porque non me adaptaba moi ben, pero despois coa universidade e os amigos que alí fixen, xa foi todo moito máis fácil". O camariñán estudou empresariais e durante os catro anos de carreira, compaxinou os estudos co traballo coma profesor de clases particulares de inglés polas casas. Ao rematar, a demanda que tiña de clases de inglés era moi alta, o que o levou a plantexarse dedicarse a iso. "Unha amiga miña tamén daba clases particulares de inglés e tiña moitas clases, entón decidimos abrir unha academia xuntos", explica Arén.
Así é como José Luis emprendeu o seu propio negocio en 2012 na cidade herculina. "Comezou todo moi lento pero agora xa é o septimo curso e a verdade é que estamos moi contentos e temos moitos alumnos", afirma o camariñán. A súa academia, Nottingham, é Centro Preparador Oficial de Cambridge e utiliza unha metodoloxía moi dinámica con grupos moi reducidos (máximo seis persoas por grupo) para acadar exitosamente os obxectivos. Ademais, segundo Arén, "temos alumnos de moitos pobos da Cota da Morte que están aquí estudando e deciden cursar na academia os certificados oficiais porque nos coñecen".
Sexa porque lles resultan coñecidos, polo seu ambiente familiar ou polo seu alto número de obxectivos acadados cada ano, a súa academia conta xa cun 90% de plazas cubertas a principios de outubro. "Sempre animamos aos estudantes a que veñan a facer a matrícula o antes posible porque despois hai listas de espera e non somos capaces de situalos ao non ter sitio suficiente", declara o camariñán. Aínda lles quedan algunhas plazas, pero como indica Arén, "seguramente en dúas semanas xa estén cubertas".