O laxense Alberto Lago gaña o I Concurso de Contos Mariños

23:50 24/04/20
Máis de 60 contos se presentaron ao I Concurso de Contos Mariños que abriu esta corentena a Asociación Naufraxios Galegos. Tardou o xurado en dixerilos, pero quedaron encantados coa calidade de todos os presentados e animan á xente a seguir escribindio.
O gañador foi Alberto Lago Varela, natural de Matío, Laxe, co seu “Mourentes, homes do norte”.
O 2º premio é para Xiana Souto Regueira, da Coruña, cun conto titulado “Unha serea perdida”.
O 3º premio é para Elena Lema Silva, de Camelle (Camariñas), con “Os que quedaron atrás”.
Así mesmo os dez seguintes levarán unha mención especial:
- REGUEIRA BUGALLO, ALBA (Zas) por “O REENCONTRO DO MAR”
- PARDO BUENESTADO, NOA (Cambre) por “O PECECIÑO DOURADO”
- CLAVERA OLIVEIRA, JUAN EMILIO (Corcubión) por “UN DÍA NO MAR”
- CASTRO MOUZO, HÉCTOR (A Coruña) por “HISTORIA DUN… CORNO”
- FIDALGO VILLANUEVA, CARLOS (Cee) por “O NOVO MUNDO”
- CASTRO SOUTO, OLAIA (A Coruña) por “PUGIL NON TEN RAZÓN”
- FERNÁNDEZ JIMÉNEZ, AROA (Baiona) por “UN ACORDO CO MAR”
- LAMELAS BOUZAS, DANIEL (Fisterra) por “O CANTAR FEITICEIRO”
- FONDO MARTÍNEZ, LUANA (A Piroga, Vimianzo) por “UN COMPROMISO COA VILA DE LAXE”
- TRIÑANES LESTÓN, ENARA (Cee) por “O AVISO DE ROXEL”