As luces e sombras da presenza galega na Feira do Libro de Frankfurt
Coincidindo coa celebración da Feira Internacional do Libro de Frankfurt, cuia convidada de honra neste 2022 foi España, os reis Don Felipe VI e Doña Leticia realizaron unha viaxe de Estado de tres días ao país alemán para pór de relevo e reforzar as relacións bilaterais entre ambos países e inaugurar a 74 edición da “Frankfurter Buchmesse”, o punto de encontro máis importante do mundo na compra e venda de dereitos de autor.
Tralo seu paso por Berlín, aterraron en Frankfurt onde e, en compañía do presidente federal alemán, Frank Walter Steinmeier e a súa esposa Eike Büdenbender, deron o pistoletazo de saída á feira das letras máis importante na que, durante catro días, os máis de 97 países participante mostraron o mellor das súas disciplinas culturais. Cerca de 119 editoriais e 400 expositores entre editoriais, axentes e institucións culturais, ateigaron dous impresionantes escenarios, un turquesa e outra cereixa, recibiron aos máis de 100.000 visitantes para mostrar a creatividade desbordante dun país que volvía ser convidado de honra 31 anos despois.
Este ano cabe destacar a participación de Asturias. A comunidade autónoma da raíña de España achegouse por primeira vez á Feira para amosar a súa cultura, a literatura, o bable pero tamén un certo desconcerto e preocupación pola pouca participación da muller noseu sector literario.
Os reis de España visitaron os diferentes expositores españois acompañados por unha delegación encabezada por Miquel Iceta, ministro español de Cultura, a ministra de Cultura alemá, Claudia Roth e Daniel Fernández, presidente da Federación Gremio de Editores de España (FGE).
Críticas e divorcios
Máis alá do resumo institucional, foron moitas as críticas que rodearon a presencia oficial da Xunta de Galicia na feira. Por un lado botouse de menos unha aposta más decidida polas novas xeracións.
Ademais, sobre a mesa está o eterno divorcio entre a Xunta e o gremio galego de Editores, algo así como “a crónica dunha morte anunciada”. Tan foi así que os os editores Galegos tiveron que integrarse no posto dos editores estatais.
Caeron tamén críticas porque o stand da Xunta perdeu moito coidado na súa imaxe (ten recibido o primeiro premio algún ano), pasando moi desapercibido, e dándolle pouco protagonismo as interesantes ponencias e presentacións realizadas.
Porén cómpre destacar a aposta do Ministerio de Cultura por un gran elenco de galegos e galegas como Lito Baleato, Xesús Fraga, Yolanda Castaño, Inma Silva…
En xeral moitos coincidiron en que “o futuro da lectura está na nosa lingua”.