Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O luns 28, o comercio costeiro bota o peche

Luns 28 Eu Pecho Comercio CostadaMorte
O luns 28, o comercio costeiro bota o peche

Xa o confirmaron grupos de comerciantes de Baio, Vimianzo ou Ponteceso, pero tamén Malpica, Laxe, Arteixo… e moitos se irán unindo ao longo da fin de semana. “Luns 28 Eu pecho” é a nova campaña de mobilización do sector do comercio, coincidindo co paro convocado pola hostalería.

Paran, e sobre todo animan a non consumir durante unha xornada, para apoiar ao sector do transporte, ao sector primario e ao sector hostaleiro, quitando ademais as culpas aos tranportistas, e criticando a eterna suba dos prezos da enerxía e o encarecemento da vida, como moitos facían apagando a luz hai 15 días.

”Primeiro dixéronos que todo era culpa de Putin e agora dinos que é culpa do transporte. Pero nalgún momento alguén se parou a pensar, que por exemplo, os nosos gandeiros debido a subida da luz e do cereal, estaban a producir a perdas antes de que chegara o parón de transporte. Debido a alza do combustible, enerxía e a especulación sobre a escaseza, encarecese tamén a vida en xeral. Todos soben prezos e a vida vólvese cada vez máis complicada”, critican dende a Asociación Comarca de Soneira.

”Algún día teremos que pagar para poder ir traballar”, lamentan, criticando a perda de poder adquisitivo “Está a chegar o momento onde moita xente deberá elixir si poñerlle aparato dental ao fillo, ou comer; o que necesita ir ao fisioterapeuta, pero debe pagar o gasoil; o que necesita quentar a casa, pero non pode pagar a luz”.

“A luz e o combustible non é un luxo, é un ben de primeira necesidade. E queremos: PODER VIVIR, sen moitos luxos, pero vivir tranquilos”, explican mentres piden aos políticos que fagan algo.

Por todo isto, os comerciantes de Baio, Vimianzo e Ponteceso animan a secundar o paro de todos os sectores do vindeiro luns 28 de marzo.

Novas relacionadas

Comentarios